• Presentación
  • Imaxes
  • Documentos
  • Ligazóns

Get the Flash Player to see this player.

RUIZ RIVAS CONSIDERA UNHA NOTICIA “TRASCENDENTAL” QUE A CONSTRUCIÓN DA LONXA DE RIVEIRA COMECE ESTE ANO “DESPOIS DA PARÁLISE QUE O PROXECTO SUFRIU POR A INOPERANCIA DO BIPARTITO”

RUIZ RIVAS, MANUEL SANTOS - BLOG RUIZ RIVAS, MANUEL SANTOS

• O portavoz do Grupo Parlamentario Popular cualifica de “ridículo” que os socialistas “veñan agora a criticar tan importante e esperada decisión, cando eles non foron quen de dar un só paso para facer realidade unhas instalacións fundamentais para Riveira e para o sector pesqueiro galego”.


Santiago, 24 de xuño de 2009.- O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Manuel Ruiz Rivas, considera unha noticia “trascendental” que as obras de construción da lonxa de Riveira vaian comezar este mesmo ano, tal como anunciou recentemente o presidente de Portos de Galicia, “despois da parálise que o proxecto sufriu pola inoperancia do Bipartito”.Ruiz Rivas subliña que a nova lonxa “é unha xusta e reiterada reivindicación, porque o maior porto de baixura de Europa precisa dunhas instalacións axeitadas”. Unha reivindicación que “por fin, e gracias a que agora Galicia conta cunha Xunta que goberna en serio, vaise facer realidade”.
En canto ao lugar escollido para o edificio, o deputado do PPdeG salienta que a ubicación elixida por Portos de Galicia “é a que os técnicos consideran máis idónea e a que máis apoios ten ou, dito doutro xeito, a que menos rexeitamento atopa, mentres que a que prevía o Goberno anterior tiña o rexeitamento maioritario”. Manuel Ruiz resalta que os informes técnicos din que optar polo recheo anexo ás instalacións do Clube Náutico “permite que os prazos se acurten”, ao dispoñer xa da superficie e non ter necesidade de realizar instalacións intermedias para manter a prestación dos servizos. Igualmente, salienta que a superficie prevista de 13.000 metros cadrados operativos “supón triplicar a das instalacións actuais”, o que, entende, “dá perfecta satisfación ás demandas plantexadas polos usuarios”.
DECLARACIÓNS DOS SOCIALISTAS “FÓRA DE LUGAR”
O portavoz do Grupo Parlamentario Popular cualifica de “ridículo” que os socialistas “veñan agora a criticar tan importante e esperada decisión, cando eles non foron quen de dar un só paso para facer realidade unhas instalacións fundamentais para Riveira e para o sector pesqueiro galego”. Para Ruiz Rivas, as declaracións dos socialistas


ribeirenses sobre a ubicación da nova lonxa “están fóra de lugar, porque a opinión maioritaria é que o lugar escollido por Portos de Galicia é o máis axeitado e porque vese claramente que o único que pretenden é facer ruído para agochar a incompetencia que o seu partido demostrou durante catro anos”. Unha vez os técnicos adoptan unha decisión, engade, “as liortas son sempre estériles, e temos exemplos como o da Variante de Noia”, polo que “o que cómpre é mirar adiante e pensar que Riveira non pode permitirse outros catro anos sen unha nova lonxa”.