CV OUBIÑA SOLLA, ROSA

Provincia - Pontevedra

OUBIÑA SOLLA, ROSA

 

Deputada por Pontevedra

 

Datos Persoais

  • Naceu o 25 de xullo de 1961 en Cambados (Pontevedra)

 

Datos Académicos e Profesionais

  • É viticultora e técnica en Enoloxía e Sanidade Vexetal.
  • Cursou estudios de Dereito na UNED.
  • Realizou curso superior en Relacións Públicas e Protocolo
  • Foi membro e vocal de Xóvenes Agricultores, coordinando distintos curso formativos para agricultores e viticultores

 

Datos políticos

  • Do ano 1989 ao 1992 foi presidenta de Novas Xeracións no concello de Cambados
  • Presentouse na candidatura do PP ó Concello de Cambados e no ano 1991 tomou posesión como Concelleira
  • Dende o ano 1991 ata xuño de 2007 foi Tenente de Alcalde e concelleira delegada de Cultura, Muller, Servizos Sociais e Xuventude
  • Durante estes anos como concelleira formou parte da Fundación Valle-Inclán e foi membro fundador da Fundación Plácido Castro
  • Membro da Asociación Española de Mulleres en Igualdade e da Asociación de Mulleres Rurais
  • Presidenta da Asociación de Mulleres en Igualdade de Cambados
  • No ano 2007 tomou posesión como deputada no Parlamento de Galicia formando parte das Comisións de Pesca e de Sanidade