CV GARCÍA PACÍN, ISABEL
Provincia - Lugo
GARCÍA PACÍN, ISABEL
Deputada por Lugo
Datos Persoais
- Naceu o 10 de xaneiro de 1973 en Friol (Lugo)
Datos Académicos e Profesionais
- Enxeñeira Técnica Agrícola na especialidade de Explotacións
Agropecuarias, na Escola Politécnica Superior de Lugo
Datos políticos
- Entre os anos 1999 e 2003 ocupou a Concellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude no Concello de Friol
- Na lexislatura 2003-2007 fíxose cargo da Delegación de Cultura, Xuventude, Asuntos Sociais, Promoción do emprego e programas Europeos no Concello de Friol
- Na lexislatura actual segue a ocuparse das Áreas de Cultura, Servizos Sociais, Promoción de Emprego e Programas Europeos como edil no Concello de Friol
- É secretaria da Xunta Directiva da Asociación de Mulleres de Friol “Neves de Ouroso”; Secretaria da Xunta Directiva da Federación Provincial de mulleres Rurais Andaina de Lugo; e secretaria da Asociación “Terras do Miños”, Grupo de Acción Local do Leader+2000-06 da Comarca de Lugo
- Deputada autonómica na VII Lexislatura
