Videos

Recursos do comité de dirección do PPdeG

Imaxes de recurso da reunión do comité de dirección do PPdeG celebrado hoxe.

videohd_inset


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
 

O PP asume as teses de Galicia e que conten dispersión e envellecemento

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Partido Popular asumiu as teses de Galicia no Congreso de Sevilla e demanda que a dispersión e o envellecemento conten como parámetros para o financiamento autonómico, posto que a prestación de servizos debe ser igual en todos os ámbitos do Estado.

videohd_inset


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
 

Puy valora como "medidas necesarias" as reformas temporais aplicadas na Xunta

O voceiro do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, valorou como "medidas necesarias" as reformas temporais aplicadas aos traballadores da Xunta, xa que dan resposta á "necesidade de manter servicios básicos e determinadas liñas de gasto social". En resposta a preguntas dos xornalistas sobre a reforma laboral, Puy afirmou que estamos nunha situación "de trascendencia histórica na que nos estamos xogando a capacidade de que España poida competir". Así mesmo indicou que "temos perdido moitos anos e non nos modernizamos o suficiente para adaptarnos ao marco da UE e do mercado globalizad" e se non se toman medidas como esta "imos cara a máis paro e máis desgustos para España".

videohd_inset


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
   

Gómez Alonso destaca que a prioridade dos populares é aportar ideas para gañarlle á crise

O secretario de Organización do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso, destacou hoxe que a prioridade dos populares no Congreso que se celebra esta fin de semana en Sevilla é aportar ideas para gañar a batalla á crise económica.

videohd_inset


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
 

Puy valora positivamente a reforma laboral

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, apoiou hoxe a reforma laboral aprobada polo Goberno central porque “vai dirixida fundamentalmente a apoiar a quen máis está a sufrir o desemprego neste momentos, en especial aos mozos  con idades comprendidas entre os 16 e os 34 anos”

videohd_inset


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
   

Puy avanaza apoio unánime do GPP a Santalices como vicepresidente primeiro do Parlamento

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, anunciou hoxe que o deputado Miguel Ángel Santalices Viera é a persoa que este grupo parlamentario apoia para ocupar a vicepresidencia primeira da Mesa do Parlamento galego, en substitución do recén nomeado presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. Puy felicitou publicamente ao conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, “polo seu éxito na adhesión de PYMAR ao convenio de Vulcano permitindo a viabilidade deste estaleiro”, o que motivou a retirada dunha proposición non de lei presentada polo Grupo do BNG e que sería debatida no pleno que comeza mañá.

videohd_inset


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
 

Gómez Alonso: "O compromiso de Ana Pastor con Galicia é total"

O secretario de Organización e voceiro de Infraestruturas, Alejandro Gómez Alonso, sinalou hoxe que o compromiso da actual ministra de Fomento, Ana Pastor, con Galicia é total e está ofrecendo en 2012 as actuacións que debeu levar a cabo o anterior Goberno socialista desde o ano 2004, cando chegou á Moncloa.

videohd_inset


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
   

Miranda: “A Xunta será a última en levantarse da mesa de negociación cos sindicatos”

O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, afirmou hoxe que, no que atinxe ás negociacións polas medidas de eficiencia nas condicións laborais dos funcionarios, “a Xunta será a última en levantarse da mesa de negociación cos sindicatos porque a vontade do Goberno é consensuar, non impoñer”.

videohd_inset


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
 

Miranda afirma que coa Lei de Xuventude a Xunta realiza “un investimento de futuro”

O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, afirmou hoxe que coa Lei de Xuventude o Goberno galego realiza “un investimento de futuro” xa que pon en valor o mellor activo que temos en Galicia, que son o medio millón de mozos e mozas da comunidade.

videohd_inset


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
   

O GPP propón que a lei de costas recoñeza os núcleos tradicionais do litoral galego

O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Popular, Román Rodríguez, anunciou hoxe a presentación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta para que se dirixa ao Ministerio de Medio Ambiente co fin de que na anunciada reforma da Lei de Costas “se dea solución ao recoñecemento dos núcleos rurais tradicionais do sistema de asentamentos do litoral galego”. “Esta modificación tamén daría seguridade xurídica aos cidadáns que teñen bens afectados polos deslindes, permitindo concesións de uso por 30 anos ou que o Estado se faga cargo das cargas hipotecarias subscritas”, apuntou.

videohd_inset


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
 

Feijóo “Manuel Fraga é o político que máis se ten parecido a Galicia”

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que “o PPdeG é o partido que máis se parece a Galicia e Manuel Fraga é o político que máis se ten parecido a Galicia”.

videohd_inset


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
   

Rajoy e Feijóo encabezarán un acto de partido en honor a Fraga o sábado en Santiago

Rajoy e Feijóo encabezarán un acto de partido en honor a don Manuel Fraga o sábado en Santiago.

videohd_inset


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
   

Páxina 1 de 28

Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar