O voceiro de Infraestruturas do PPdeG subliña que cos retrasos do AVE, os galegos e os portugueses do norte están a perder máis de 17.000 millóns de euros do negocio que se xeraría conectando Vigo con Porto, que supón o 1,5% do PIB da eurorrexión
Gómez Alonso pide ao Goberno central que explique por qué incumpre os seus acordos con respecto á conexión do AVE Vigo-Porto
• Considera decepcionante e pouco serio que Blanco estableza agora que as obras do tramo comecen no ano 2013, precisamente cando debería estar listo, segundo se estableceu na Cumbre hispano-lusas do ano 2006, tras cambiarse o prazo de finalización, e se ratificou nas de 2008 e 2009
• Critica que as obras do tramo do AVE entre Madrid e Lisboa xa estean actualmente en marcha mentres a conexión con Galicia se está discriminando e califica de pouco seria a actitude do Goberno central
• Fai fincapé en que o Goberno galego está a cumprir co súa parte de colaboración no Acordo para o tramo Vigo-Oporto, que consiste en obter o consenso cos concellos sobre o trazado, para concluilo coordinamente con Portugal
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2010.- O voceiro de Infraestruturas do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso, solicítalle ao Goberno central que explique por qué incumpre os acordos establecidos con Galicia e Portugal con respecto á conexión territorial mediante o AVE. Para os popular, o vaivén de prazos ao que se somete a alta velocidade entre Galicia e Portugal indica a pouca seriedade e a irresponsabilidade do Goberno de Zapatero, que demostra constantemente que non é de fiar.
Gómez Alonso considera decepcionante que o ministro de Fomento, José Blanco, estableza agora que as obras do AVE entre Vigo e Porto comezarán no ano 2013, precisamente cando debería estar listo, segundo se ratificou aínda en xaneiro do pasado ano.
Neste sentido, o popular lembra que xa na Cumbre hispano-lusa celebrada en novembro de 2003 en Figueira da Foz se estableceu un acordo de conexión Porto-Vigo que estaría listo para o ano 2009, prazo que o Goberno de Zapatero mantén na mesma Cumbre dous anos despois en Evora. Posteriormente, na Cumbre celebrada no ano 2006 en Badajoz, fíxase como novo prazo para finalizar o susodito tramo entre Galicia e Portugal o ano 2013, decisión que se ratifica no ano 2008 e tamén no 2009 nas encontros celebrados en Braga e Zamora, respectivamente.
Gómez Alonso lamenta, polo tanto, a pouca credibilidade que está demostrando ter o Goberno central que agora se amosa disposto a volver a modificar os prazos deste tramo do AVE o vindeiro mes de setembro, cando se reúna en setembro co Goberno luso para trazar unha nova folla de ruta que colocará a data de inicio das obras precisamente cando deberían estar xa listas.
Así mesmo, o voceiro de Infraestruturas do PPdeG, fai fincapé en que cos continuos retrasos do AVE, os galegos e os portugueses do norte están a perder máis de 17.000 millóns de euros do negocio que se xeraría conectando Vigo con Porto a través do AVE, cantidade que supón o 1,5% do PIB da eurorrexión.
Por outra parte, o popular critica que, ao contrario do que sucede co tramo entre Vigo e Porto, o AVE entre Madrid, Badajoz e a fronteira portuguesa xa estea actualmente en construcción e pregunta por qué motivo o Goberno central se empeña en discriminar a conexión de Portugal con Galicia.
Por outra banda, Gómez Alonso fai fincapé en que o Goberno galego está a cumprir co súa parte de colaboración no Acordo para o tramo Vigo-Oporto, que consiste en obter o consenso cos concellos sobre o trazado, para concluilo coordinamente con Portugal.
Deste xeito, o popular pon de manifesto a responsabilidade e fiabilidade dun Goberno coma o de Feijóo, que coñece as súas obrigas e cumpre co que promete e contrapón estes valores cos dun Goberno, coma o de Zapatero, cuxa palabra se está demostrando que non ten valor algún e só obedece ao interés de encher a prensa de titulares publicitarios.
| < Anterior | Seguinte > |
|---|













