O PP no Senado pide que se exima de tributación no IRPF as axudas por violencia de xénero

A senadora por A Coruña, María Jesús Sáinz, subliña a necesidade de modificar a Lei de Planta e Demarcación para favorecer a creación de xulgados de violencia de xénero de ámbito comarcal en Galicia

 

Os populares no Senado piden ao Goberno central que exima de tributación no IRPF as axudas ás víctimas da violencia de xénero

 

• Segundo Paula Prado, “non é de recibo que a día de hoxe as víctimas da violencia de xénero vivan tamén un calvario económico”

 

• Sáinz indicou que desde o Senado solicita ao Goberno central que aprobe a cualificación profesional de Promoción de Igualdade de oportunidades e realice modificacións legais que permitan a igualdade da titularidade compartida sobre as explotacións agrarias

 

• Para Sáinz, “a igualdade entre homes se mulleres é a pedra angular do principio de non discriminación e por ese motivo ten que ser unha prioridade política e temos que traballar para establecer todos os mecanismos que contribúan a conseguilo”

 

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2010.- A senadora por A Coruña, María Jesús Sáinz, anunciou hoxe que o Grupo Parlamentario Popular na Cámara Alta solicita que o Goberno central exima de tributación no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas as axudas económicas ás mulleres víctimas da violencia de xénero, tanto as percibidas da Administración central como das autonómicas.

 

Neste sentido, Sáinz lembrou que hai outras prestacións sobre as que o Goberno central si dispuxo a exención, como son as axudas polo virus de inmunodeficiencia, por actos de terrorismo ou por despido. Por iso, indicou a necesidade de que se modifique o réxime fiscal das axudas pola violencia de xénero xa que responden a motivos de política social dirixidas a mulleres maltratadas con escasos recursos e inhabilitadas para acceder en condicións normais ao traballo. Como indicou a voceira de Xustiza e Igualdade do PPdeG, “non é de recibo que a día de hoxe as víctimas da violencia de xénero vivan tamén un calvario económico”.

 

Así mesmo, a popular afirmou tamén que os populares no Senado van a solicitar a modificación da Lei de Planta e Demarcación para favorecer a creación de xulgados de violencia de xénero de ámbito comarcal en Galicia, naquelas cidades onde non se cumpren os ratios de litixiosidade esixidas polo Consello Xeral do Poder Xudicial. Con respecto a isto, Sáinz lembrou cómo se foi demandando ao Goberno central a creación de xulgados específicos sobre a muller en Lugo, Ourense, Santiago, Pontevedra e Ferrol sen que este o levase a cabo a pesar de que no caso de Santiago si prometera que se crearía no 2009.

 

Por outra parte, María Jesús Sáinz fixo alusión a outras dúas mocións que o Grupo Popular no Senado lle fai ao Goberno central, como pedir que aprobe, mediante o Consello Xeral de formación Profesional a cualificación profesional de Promoción de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e estableza a posta en marcha da oferta formativa de título e certificado de profesionalidade que o acredite. A outra petición, segundo Sáinz, é a de que o Executivo central realice as modificacións legais precisas que permitan o desenvolvemento en igualdade da titularidade compartida sobre as explotacións agrarias.

 

PREGUNTAS AO GOBERNO CENTRAL

Segundo Sáinz, “a igualdade entre homes se mulleres é a pedra angular do principio de non discriminación e por ese motivo ten que ser unha prioridade política e temos que traballar para establecer todos os mecanismos que contribúan a conseguilo”.

 

Así, fieis a esta filosofía, os populares no Senado tamén presentaron preguntas escritas ao Goberno central cuestionando por qué só hai 370 policías nas Unidades de Policía Autonómica en Galicia, que son os organismos que se encargan da protección ás mulleres víctimas dos malos tratos, cando no catálogo hai 500 vacantes. Outras preguntas cuestionan o funcionamento das pulseras telemáticas, denuncian que o Goberno central non realizase modificacións legais para cumprir o acordo de reducir a idade xubilación das redeiras, incluidas no Réxime Especial do Mar e solicitan que se explique por qué as Comunidades Autónomas non teñen acceso ao rexistro de seguemento integral dos casos de violencia de xénero.

 

Para Sáinz, “o tema da violencia de xénero é sangrante” e “non podemos quedarnos só en palabras”. Así o considera tamén Paula Prado, quen fixo fincapé en que as políticas sociais hai que poñelas en marcha tamén desde as Comunidades Autónomas e os seus organismos.

 

 

 

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar