O PPdeG celebra o compromiso da Xunta para aliviar a situación económica dos concellos

Para os populares galegos, a situación económica complicada que están a atravesar os concellos converte este momento no óptimo para traballar pola eficiencia e a eficacia na distribución dos cartos

 

O PPdeG celebra o compromiso da Xunta coa financiación municipal para aliviar a situación económica dos concellos galegos

 

• Trátase dunha excelente noticia para os municipios da Comunidade, económicamente asfixiados en boa medida debido ao descenso do PIE, ou Participación dos municipios nos Ingresos do Estado, un dos mecanismos de financiamento local máis importante

 

• Os populares destacan a actitude do Goberno galego e da Fegamp, que traballan unidos por mellorar as condicións económicas dos concellos galegos

 

• Cren que é momento de seguir apoiando aos concellos e recorrer a mecanismos e modificacións que lles beneficien

 

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2010.- O Partido Popular de Galicia celebra o compromiso do Goberno galego coa financiación municipal para aliviar a situación económica dos concellos da Comunidade. Segundo os populares galegos, trátase dunha excelente noticia para os municipios de Galicia, económicamente asfixiados en boa medida debido ao descenso do PIE, ou Participación dos municipios en Ingresos do Estado, un dos mecanismos de financiamento local máis importante.

 

Os populares galegos salientan que na actual situación de crise económica a Xunta está dando exemplo e está traballando cóbado con cóbado xunto á Fegamp para atopar un modelo de financiación máis eficiente que inxecte o osíxeno que os concellos galegos necesitan e subsane na medida do posible o descenso do PIE. Para o PPdeG, a situación económica complicada que están a atravesar os concellos converte este momento no óptimo para traballar pola eficiencia e a eficacia na distribución dos cartos.

Os populares galegos louvan a actitude dun Goberno coma o galego que, aínda nunha situación de crise económica, busca solucións para os galegos á vez que garante servizos de calidade sen que iso repercuta nun aumento das cargas fiscais.

 

En calquera caso, os populares galegos cren que é o momento de seguir apoiando aos concellos, recorrendo tamén a mecanismos e modificacións que lles beneficien, como pode ser a posibilidade de incluír no fondo asignacións recorrentes que implican procesos burocráticos e que provocan que cheguen as cantidades con retraso.

 

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar