Rueda lamenta que coas caixas galegas o PSOE só contemple dominalas ou eliminalas

“Estamos pedindo que Galicia non pase de protagonista a figurante no sistema financeiro español”, afirma

 

Rueda lamenta que coas caixas galegas o PSOE só contemple dominalas ou eliminalas

 

  • O obstáculo que representa o PSOE supón o “desprezo ó interese xeral e ó consenso político e social acadado en Galicia

 

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2010.- Alfonso Rueda afirmou esta mañá que hai que superar “a única reticencia” que separa a Galicia de poder ter unha gran caixa de aforros, que é a do PSOE. O secretario xeral dos populares galegos aclarou que a devandita “reticencia” non está representada máis que pols socialistas, que “fronte ao consenso de Xunta, partidos políticos, sindicatos e empresarios” supón unha “reticencia partidista que é inxustificable”.

 

O obstáculo que representa o PSOE, en palabras de Rueda, supón o “desprezo ó interese xeral e ó consenso político e social porque soamente quere, coas caixas galegas, contemplar dúas posibilidades: dominalas ou eliminalas”.

 

Así mesmo, Rueda manifestou que “estamos no mesmo sitio defendendo unha lei lexítima, aprobada por dúas terceiras partes da Cámara, avalada polos servizos xurídicos do Parlamento, e cuxa vixencia está suspendida só porque incomoda ao Goberno central”. Engadiu que “estamos pedindo que Galicia non pase de protagonista a figurante no sistema financeiro español”. Ademáis, advertiu estar “defendendo unha fusión que para Galicia boa e necesaria”. “Non nos movemos e non nos imos a mover”, concluiu.

 

Rueda cre que o PSOE debería unirse as organizacións empresariais, sindicaie e políticas que non se resignan a que o futuro de Galicia se escriba fora de Galicia; as organizacións que non se resignan a que as nosas competencias autonómicas sexan cercenadas atendendo simpremente a criterios políticos, que non se resignan a que a capacidade normativa do Parlamento se vea mermada so porque as leis que se aproban non convencen ao partido que goberna no Estado.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar