Cre que o dirixente socialista volve demostrar que traballa contra Galicia, facendo de anfitrión de quen bloquea o futuro financeiro galego
Miranda lamenta que mentres Galicia traballa polo futuro das súas caixas e pola defensa do autogoberno Manuel Vázquez se reúna cos que o boicotean
• Considera desafortunada a visita de Gaspar Zarrías a Galicia e entende que o secretario de Estado de Cooperación Territorial, dadas as circunstancias actuais, o único que pretende é provocar
• Vázquez non ten máis criterio que o que lle dictan na sede central do seu partido e lamenta que vaia a entrevistarse hoxe con Zarrías para recoller argumentarios frescos cos que xustificar o veto do PSOE á lei de caixas galegas
• Tan grave é o ataque ao autogoberno de Galicia que supón o feito de que leis autonómicas sexan freadas polo Goberno central, como o interese do PSOE por entregar as caixas galegas a outras comunidades
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2010.- O portavoz de PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, considera que a visita de Gaspar Zarrías a Galicia, dadas as circunstancias actuais, está pensada para provocar.
Miranda lembra que o dirixente andaluz foi quen se negou a recibir aos conselleiros de Presidencia e Facenda para negociar a lei galega de caixas que o Goberno central recurriu para bloquear o desenvolvemento financeiro de Galicia, e lamenta que teña tempo para visitar pavillóns e non para entrevistarse con dous altos representantes da Xunta. “Quizais puidese aproveitar a súa visita de hoxe para falar da lei cos representantes do Goberno galego” di.
Sobre Manuel Vázquez, o portavoz do PPdeG considera que o dirixente socialista xa non esconde que non defende a Galicia, e en lugar de remar a favor dela, fai de anfitrión dos que soñan con frear o seu autogoberno.
Para o dirixente popular o papel dos socialistas é cuestionable, posto que se basea en antepoñer os intereses do PSOE aos de Galicia. Ademais, destacou que mentres Manuel Vázquez falaba o outro día de que o acordo era posible, onte dixese o contrario de todo o que dixera con anterioridade.
Os socialistas estiveron divididos desde o principio, pero agora tamén resulta que Manuel Vázquez se desdobra para dicir unha cousa os días pares da semana e outra moi diferente os días impares.
ARGUMENTARIOS FRESCOS
Miranda cre que Vázquez non ten máis criterio que o que lle dictan na sede central do seu partido e lamenta que vaia a entrevistarse hoxe con Zarrías para recoller argumentarios frescos cos que xustificar o veto do PSOE á lei de caixas, aprobada polo Parlamento galego.
Para o PPdeG, tan grave é o ataque ao autogoberno de Galicia que supón o feito de que leis autonómicas sexan freadas polo Goberno central, como o interese do PSOE por entregar as caixas galegas a outras comunidades. Por iso, Miranda aposta pola unidade das forzas que defenderon desde o principio a leximitimidade das nosas leis como contrapunto aos ataques do PSOE en Madrid e as traizóns do PSOE en Galicia.
Miranda cre que hai marxe para desbloquear a lei de caixas e apela á responsabilidade de todos para que as caixas galegas, lonxe de ter que facer as maletas e saír de Galicia, se unan e creen un xigante financeiro que nos permita competir no sistema español.
| < Anterior | Seguinte > |
|---|













