O PPdeG reunirase o vindeiro venres cos asinantes do manifesto “Galicia ten dereito”

Na reunión, que celebrarase o vindeiro venres no Parlamento de Galicia, participarán os sindicatos, os empresarios, así como o BNG e o PPdeG

 

O PPdeG reunirase o vindeiro venres cos asinantes do manifesto “Galicia ten dereito”, a favor da fusión das caixas galegas

 

• Os populares galegos seguirán, xunto coas demáis forzas sociais e políticas que así o apoien, para que Galicia non sexa marxinada por intereses políticos que se disfrazan de febles argumentos xurídicos

 

• O PPdeG fai fincapé en que o momento actual, crucial para o futuro das caixas galegas, non é o momento das grandes declaracións, senón da prudencia e do traballo para conseguir que Galicia siga estando no mapa financeiro español

 

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2010.- O Partido Popular de Galicia asegura que volverá a reivindicar, xunto co BNG e coas distintas forzas sociais implicadas, o dereito da Comunidade a dispoñer dun gran ente financeiro, froito da fusión das dúas caixas galegas, galego e solvente.

 

Neste camiño, o vindeiro venres, 26 de marzo, ás 12.00 horas, no Parlamento de Galicia, os asinantes do manifesto “Galicia ten dereito”, manterán unha reunión.

 

Os populares consideran que Galicia, ao igual que outras Comunidades como Cataluña ou Andalucía, ten dereito a contar cun ente financeiro potente, que garanta que os aforros de todos os cidadáns da Comunidade se quedan en Galicia e se invisten en servizos e proxectos para os galegos.

 

O PPdeG non encaixa que o que o Goberno central considera constitucional noutras Comunidades sexa, pola contra, susceptible de recurso no Tribunal Constitucional en Galicia e asegura que os populares galegos seguirán, xunto coas demáis forzas sociais e políticas que así o apoien, para que Galicia non sexa marxinada por intereses políticos que se disfrazan de febles argumentos xurídicos.

 

Os populares na Xunta están mantendo contactos continuamente con todos os implicados no asunto das caixas, na búsqueda de acadar ese gran obxectivo que o Goberno central semella estar intentando obstaculizar.

 

O PPdeG fai fincapé en que o momento actual, crucial para o futuro das caixas galegas, non é o momento das grandes declaracións, senón da prudencia e do traballo para conseguir que Galicia siga estando no mapa financeiro español. Os populares galegos así o ven factible e, polo tanto, apelan á responsabilidade de todos os sectores e forzas políticas implicados para que saiban estar á altura das circunstancias.

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar