O PPdeG celebra que o PSdeG se sume á opinión dos galegos e apoie a fusión das caixas

Pedro Puy lembra que o seu partido apostou sempre por esta opción, polo que está “fondamente satisfeito porque os feitos dos últimos días estean evolucionando na dirección na que parecen estar evolucionando”

O PPdeG ALÉGRASE DE QUE O PSOE GALEGO SE SUME “Á OPINIÓN MAIORITARIA EN GALICIA” A FAVOR DA FUSIÓN DAS CAIXAS E ESPERA QUE “AGUANTE UN POUCO” ESTA NOVA POSTURA

  • O deputado pediu aos socialistas que, despois de “este novo cambio de posición”, apoien esta tarde no Congreso dos Deputados, como fará o Partido Popular, a moción do BNG na que demanda a retirada do recurso contra a Lei galega de Caixas.

  • “É evidente que a Xunta non só non se quitou do medio, senón que leva no medio desde o primeiro día, impulsando un proxecto que o señor Vázquez intentou boicotear con todos os medios ao seu alcance”.

Santiago, 23 de marzo de 2010.- O Partido Popular de Galicia alégrase de que o PSOE galego se sume “á opinión maioritaria en Galicia” a favor da fusión das caixas, segundo manifestou hoxe o voceiro de Economía do Grupo Popular, Pedro Puy, quen afirmou que o seu partido espera que o PSdeG “aguante un pouco” esta nova postura, algo no que os populares confían malia os antecedentes, “especialmente o de hoxe mesmo coa Lei do Solo”.

“Esperemos que manteñan esta posición a favor da fusión durante algún tempo”, sinalou Puy en referencia aos socialistas, “e polo menos que deixen de entorpecela e defendan a fusión ata que esta se poida materializar”. Pedro Puy lembrou que o seu partido apostou sempre por esta opción, polo que está “fondamente satisfeito porque os feitos dos últimos días estean evolucionando na dirección na que parecen esta revolucionando”, todo iso “dentro da prudencia e facendo unha chamada á responsabilidade a todos os axentes implicados”. O PPdeG defendeu sempre a fusión, apuntou, “porque é fundamental para o futuro de Galicia, para as súas economías domésticas e empresariais”, e tamén porque “está demostrada a súa solvencia”.

O deputado pediu aos socialistas que, despois de “este cambio máis” de posición, apoien esta tarde no Congreso dos Deputados, como fará o Partido Popular, a moción do BNG na que demanda a retirada do recurso contra a Lei galega de Caixas, o que constitúe “unha primeira oportunidade” para o PSOE “de sumarse a ese gran consenso que hai en Galicia”.

Así mesmo, resaltou que “é evidente que a Xunta non só non se quitou do medio, senón que leva no medio desde o primeiro día, impulsando un proxecto que o señor Vázquez intentou boicotear con todos os medios ao seu alcance”. “O señor Vázquez”, afirmou Puy, “pode dicir sempre que se cumpriu o que dixo porque xa ten dito todo o que podía pasar”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar