O Grupo Popular solicita que o IVE turístico se reduza ao 4%

Ruíz Rivas reiterou que a suba prevista polo Goberno de Zapatero prexudicará gravemente á economía e penalizará o diferencial de recuperación económica que suporá para Galicia o Xacobeo 2010

O GRUPO POPULAR SOLICITA QUE O IVE TURÍSTICO SE REDUZA AO 4% E UN 50% AS TAXAS AEROPORTUARIAS E PORTUARIAS

  • Os populares lembran que en vintedous dos vintesete estados membros da UE aplícase unha tarifa reducida e que outros países como Suiza, Irlanda, Holanda ou Islandia, que aumentaron o imposto do IVE do aloxamento turístico, tiveron que rectificar e volver baixalo ata unha taxa hiperreducida para manter os niveis de afluencia de visitantes.

Santiago, 22 de marzo de 2010.- O Grupo Parlamentario Popular defenderá no Pleno da Cámara desta semana unha proposición non de lei pola que instan á Xunta na que demande do Goberno central que o IVE turístico se reduza ao 4%, así como que as taxas aeroportuarias e portuarias baixen un 50%. Na iniciativa, se insiste na necesidade de non levar a cabo a anunciada suba do IVE. En rolda de prensa, o portavoz do Grupo Popular, Manuel Ruíz Rivas, reiterou esta mañá que a suba prevista polo Goberno de Zapatero prexudicará gravemente á economía e penalizará o diferencial de recuperación económica que suporá para Galicia o Xacobeo 2010.

 

Nese sentido, insistiu en que medidas tributarias como esa non só non beneficiarán a recuperación económica, senón que repercutirán nun descenso do consumo. Un feito que afectará gravemente ao sector da Hostalería e o Turismo, ao igual que ao comercio, sectores sensibles aos prezos e que sufrirán unha perda de competitividade, o que, no caso de Galicia, provocará un descenso na chegada de visitantes. O  Grupo Popular considera que este obstáculo é especialmente grave ao coincidir o incremento do IVE co inicio da tempada alta do Xacobeo 2010.

 

Ruíz Rivas sinalou que o diferencial positivo de crecemento para a econnomía galega en relación coa estatal para o presente exercicio débese, en boa parte, ao “efecto Xacobeo”, tendo en conta que nos últimos anos santos o dito diferencia en termos de PIB situouse en torno ao medio punto. Un efecto positivo que se verá sen dúbida minorado coa diminución no consumo que suporá a suba de prezos derivada do aumento do IVE.

 

Tendo en conta que o sector turístico galego representa hoxe o 11% do PIB e que o Xacobeo 2010 pretende captar non menos de oito millóns de turistas, e partindo de que a situación que atravesa actualmente o sector non é a máis favorable, o PPdeG entende que esa modificación fiscal causará un grave prexuízo e que deben adoptarse medidas para evitalo.

 

INICIATIVAS NOUTROS PAÍSES

 

A ese respecto, os populares lembran que en vintedous dos vintesete estados membros da UE aplícase unha tarifa reducida e que outros países como Suiza, Irlanda, Holanda ou Islandia, que aumentaron o imposto do IVE do aloxamento turístico, tiveron que rectificar e volver baixalo ata unha taxa hiperreducida para manter os niveis de afluencia de visitantes.

 

Na iniciativa, o Grupo Popular demanda tamén outras medidas como a creación dun novo marco fiscal que permita atenuar os custos e recuperar os incentivos fiscais de I+D+i; o desenvolvemento dun ceo único europeo; facilitar a mobilidade en Europa dos cidadáns europeos; o establecemento duns standares mínimos de calidade nos nosos servizos turísticos; fomentar o turismo de interior como nicho de mercado con potencial importante; establecer incentivos fiscais ás fusións entre grupos empresariais no sector; e dirixir os fondos públicos a proxectos eficaces.

 

Ruíz Rivas fixo fincapé en que en 2009, por mor da crise,  a caída do PIB turístico en España foi do 5,6%, o que supón máis de 6.000 millóns de euros menos de actividade que en 2008 e as previsións para 2010 pronostican unha caída do 0,9%. Aínda que o comportamento en Galicia foi mellor, o deputado considerou da máxima importancia a adopción das medidas solicitadas na iniciativa do seu Grupo, co fin de maximizar as oportunidades que ofrece a Galicia e ao resto do Estado un acontecemento como o Xacobeo 2010.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar