Jesús Vázquez: "O actual decreto do galego cumpre co que prometemos nas eleccións"

Para o conselleiro de Educación, os puntos fortes do novo texto son “o equilibrio, a liberdade, o plurilingüismo a volta á normalidade nas aulas” e o feito de que lle devolve “aos centros a cordialidade que é normal na rúa, cando a xente emprega con liberdade unha das dúas linguas cooficiais”

 

Jesús Vázquez: “O actual decreto do galego cumpre co que comprometemos nas eleccións que nos deron a maioría”

 

• Afirma que “a sociedade precisa dar pasos adiante” e lembra que avanzar no plurilingüismo “era unha aposta e un compromiso electoral” para que “Galicia non quede atrás

 

• Fai fincapé en que o novo Decreto garante a liberdade dos alumnos de empregar a lingua cooficial que prefiran na expresión tanto oral como escrita nas aulas e indica que os pais serán consultados cada catro anos

 

• Considera que o uso do galego “non ten que estar constreñido ao ensino e ás materias dentro da aula senón que temos que procurar que os rapaces usen con liberdade as dúas linguas cooficiais. Para iso hai que dar pasos adiante na promoción e non na imposición”

 

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2010.- O conselleiro de Educación afirma nunha entrevista publicada na páxina web do PPdeG que “o actual Decreto do Plurilingüismo cumpre co que comprometemos nas eleccións que nos deron a maioría”. Preguntado se considera que o texto da Xunta para o novo Decreto do galego se axusta ao programa electoral do PPdeG, Vázquez fixo fincapé en que “calquera cidadán pode comprobar que había un compromiso coa liberdade, co plurilingüismo, coa nosa lingua e co equilibrio dentro do ensino. Ese é o noso decreto, e o de toda a sociedade que xa nos deu unha ampla maioría o 1-M”.

O conselleiro tamén subliña que, a pesar das críticas e das protestas, que “case sempre veñen dun grupo que representa a unha minoría da sociedade galega”, o que o leva a seguir adiante co novo decreto é o feito de que “a inmensa maioría da sociedade galega está con nós xa que desexa un cambio que nos recollemos en forma dun compromiso electoral no que cremos”.

 

FORTALEZAS E DEBILIDADES DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO

Para Jesús Vázquez, os puntos fortes do novo texto son “o equilibrio, a liberdade, o plurilingüismo e á volta á normalidade a aula” e o feito de “devolverlle ás aulas a cordialidade que é normal na rúa, cando a xente emprega con liberdade unha das dúas linguas cooficiais”. Polo demáis, para o conselleiro, é moi importante “garantir as competencias dos alumnos en ámbalas dúas linguas e dar avance a unha terceira”.

 

Por iso, Jesús Vázquez non considera que o decreto teña puntos febles xa que se está “a elaborar para ben” e ao apostar polo inglés constitúe tamén “unha aposta de futuro”. Trátase dun “decreto –di- que responde á unha sociedade que está a demandar ese plurilingüismo”. Confesa que lles gustaría poder ir máis rápido neste obxetivo pero “a situación económica fai que a Administración non teña cartos para dar pasos moito máis visibles en menos tempo, de cara á introdución de terceiras e cuartas linguas, preferentemente o inglés”.

 

Para Vázquez, “a sociedade precisa dar pasos adiante, e avanzar no plurilingüismo era unha aposta e un compromiso electoral” e engade que “somos unha das últimas Comunidades que está dando ese paso” polo que “Galicia non pode quedar atrás”.

 

LIBERDADE LINGÜÍSTICA E PARTICIPACIÓN DOS PAIS

Con respecto á liberdade lingüística dos alumnos, o conselleiro de Educación asegurou que estes non só terán liberdade para dirixirse aos mestres e para examinarse na lingua oficial que prefiran senón tamén para mercar os libros de texto na que elixan. Así mesmo, preguntado se os estudantes terán tamén liberdade para examinarse na lingua que queiran nas materias que se impartan en lingua estranxeira, Jesús Vázquez afirmou que cada alumno “poderá decidir entre ámbalas dúas linguas” aínda que “se procurará que o alumno tenda a escribir e a falar na adscrición lingüística correpondente na materia”.

 

En canto os trámites que deben seguir os pais para participar na elección da lingua na que se impartirán as asignaturas, o conselleiro afirmou que se vai establecer “a través dunha Orde que sairá a posteriori do decreto no que se regularán as consultas que se realizarán ás familias dende cada centro, con respecto a esta adscrición (a que propón a Xunta). No caso de que a metade máis un dos pais dos alumnos do centro decida que a adscrición lingüística mude, nese caso o centro configurará o proxecto lingüístico a partir desa opinión dos pais”. Ademais, engadiu que esa consulta se realizará cada catro anos.

 

PROMOCIÓN DO GALEGO

Así mesmo, Jesús Vázquez asegurou que a promoción do galego que contempla o novo Decreto realizaráse a traves de accións comprendidas no plan de normalización ou de accións desenvolvidas nos centros. Segundo o conselleiro o uso do galego “non ten que estar constreñido ao ensino e ás materias dentro da aula, senón que temos que procurar que os rapaces usen con liberdade as dúas linguas cooficiais. Para iso hai que dar pasos adiante na promoción e nunca na imposición”.

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar