Rodríguez Arias pide a Vázquez e Barcón que digan se van tomar medidas co alcade do Grove

Ante a imputación de José Antonio Cacabelos Rico, alcalde socialista do Grove, por delitos de prevaricación, negociación prohibida a funcionarios e tráfico de influencias

 

Rodríguez Arias pide a Vázquez e a Barcón que digan se van tomar medidas disciplinarias contra o alcalde do Grove ou van facer a vista gorda

 

• Reiterou que “Manuel Vázquez debe explicar se son estas as prácticas polas que aposta no seo do seu partido para convertir ao PSOE de Galicia na alternativa ao Goberno actual da Xunta”

 

• Afirmou que o alcalde do Grove “non é unha rara avis dentro do PSOE, pois semella ser un digno herdeiro da tradición socialista que se basea en escurrir o bulto e mirar cara outro lado cando hai problemas”

 

• Concluiu que “sobran os motivos para invitar á cupula dos socialistas galegos a pronunciarse acerca dun feito vergoñento non só para o alcalde, senón para o partido que o respalda”

 

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2010.- A vicesecretaria popular, Marta Rodríguez Arias, pediu hoxe a Manuel Vázquez e a Mar Barcón que aclaren se van a tomar medidas disciplinarias internas contra o alcalde do Grove ou se, pola contra, van pasar por alto as súas irregularidades facendo a vista gorda.

 

Rodríguez Arias reiterou que “Manuel Vázquez debe explicar se son estas as prácticas polas que aposta no seo do seu partido para convertir ao PSOE de Galicia na alternativa ao Goberno actual da Xunta”.

 

A vicesecretaria dos populares galegos afirmou que o alcalde socialista do Grove, Cacabelos Rico, ven de protagonizar un proceso de contratación de obra dun edificio administrativo “cheo de irregularidades dende o mismo comezo da súa tramitación”.

 

Entre as irregularidades cabe destacar que todos os concorrentes ao concurso do proxecto de obra eran familiares ou amigos do alcalde, o proxecto estaba firmado antes da adxudicación da obra ou que a adxudicación da obra e a certificación da primeira fase da mesma se efectuasen á vez.

 

Cacabelos Rico excusou a súa conducta botando a culpa do acontecido ao secretario municipal e aos técnicos do concello, aínda que, en palabras da vicesecretaria popular “curiosamente a acta xudicial recolle que foron estes quenes emitiron un informe fai meses no que puñan de manifesto as irregularidades que estaban acontecendo”.

 

Por tanto, o alcalde socialista estaba incurrindo nunha actitude neglixente e o secretario e os técnicos deron conta diso. Nesta liña, Rodríguez Arias afirmou que o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos Rico, “non é unha rara avis dentro do PSOE, pois semella ser un digno herdeiro da tradición socialista que se basea en escurrir o bulto e mirar cara outro lado cando hai problemas”.

 

Ante estes acontecementos, Rodríguez Arias, afirmou que “sobran os motivos para invitar á cupula dos socialistas galegos a pronunciarse acerca dun feito vergoñento non só para o alcalde, senón para o partido que o respalda”.

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar