O Consorcio de Quintana prometeu obras en campaña aos concellos sen soporte orzamentario

Un total de 70 municipios galegos foron enganados polo ex vicepresidente que comprometeu a construción de 116 infraestruturas sen soporte orzamentario

 

O Consorcio de Quintana prometeu obras en campaña aos concellos que equivalerían ao seu orzamento íntegro de 15 anos

 

  • O bipartito enganou de maneira sistemática aos concellos prometendo novas instalacións que en ningún caso podería pór en funcionamento en, polo menos, catro lexislaturas

 

  • Os populares galegos lamentan que PSOE e BNG sigan defendendo a histérica política de enganos que levaron a cabo durante o seu Goberno bipartito e a día de hoxe sigan sen facer verdadeira política social

 

  • PPdeG reta a PSOE e BNG a que expliquen cales das 116 infraestruturas queren pagar este ano e de onde queren sacar os 101,44 millóns de euros que custa as promesas de Quintana

 

Santiago, 6 de febreiro de 2010.- O PPdeG denuncia que co fin de encher o seu saca de votos, entre campaña e campaña, Anxo Quintana, realizou promesas inasumibles. En concreto, o ex vicepresidente da Xunta, prometeu a construción de 116 infraestruturas –entre 49 escolas infantís, 46 centros de día, 18 residencias e  3 centros de Alzhéimer- cuxo custe acadaría os 101,44 millóns de euros.

Se temos en conta  que o entón Vicepresidente aprobou uns orzamentos de 2009 que no capítulo de inversión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar recollían 7.252.756 €, queda claro que as promesas de Quintana suporían hipotecar durante 15 anos os orzamentos íntegros do Consorcio Galego de Benestar.

Por tanto, semella claro que o bipartito enganou de maneira sistemática aos concellos prometendo novas instalacións que en ningún caso podería pór en funcionamento en, polo menos, catro lexislaturas.

Os populares galegos lamentan que PSOE e BNG sigan defendendo a histérica política de enganos que levaron a cabo durante o seu Goberno bipartito e a día de hoxe sigan sen facer verdadeira política social a través das institucións.

De feito, o PPdeG reta a PSOE e BNG a que expliquen cales das 116 infraestruturas queren pagar este ano e de onde queren sacar os 101,44 millóns de euros que custan as promesas de Quintana.

Pola súa banda, o PPdeG celebra que a Xunta vaia racionalizar os investimentos atendendo ás necesidades dos concellos e non aos delirios de grandeza de ningún político. De feito, este ano comenzarán a funcionar 20 novos centros de día, 19 escolas infantiles e se invertirán 18 millóns de euros en rematar obras que xa están en marcha.

En Galicia quedan atrás os tempos nos que a Xunta non podía asumir os cheques que estendían os egos dos políticos.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar