O voceiro do PPdeG subliña que Galicia é a terceira Comunidade na que menos sube o paro pero asegura que a batalla continúa e, pese a Zapatero e pese a Madrid, Galicia vaina gañar
Miranda: “Ao PSOE non lle quitan o sono os máis de catro millóns de parados en España, ao PPdeG si llo quitan os 231.628 de Galicia, por iso non nos conformamos”
• Celebra que os datos do paro en Galicia reflictan unha freada da tendencia alcista do paro, xa que iso significa que a situación comeza a revertirse pero tamén asegura que os populares non pararán de loitar ata que esas cifras se convirtan en ceros
• Fai fincapé nas diferenzas entre un Goberno coma os populares, que combate o desemprego intentando reducir impostos e complementando pensións, o Goberno central, pola contra, recortar poder adquisitivo aos pensionistas e penalizar o aforro e o consumo á vez
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2010.- O voceiro do Partido Popular de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, afirma que, “ao PSOE non lle quitan o sono os máis de catro millóns de parados en España, ao PPdeG si llo quitan os 231.628 de Galicia, por iso non nos conformamos”.
Con estas palabras, o popular referiuse aos últimos datos do paro do mes de xaneiro e se ben celebrou que reflictan que a súa tendencia alcista se estea freando tamén asegurou que os populares seguirán loitando para que esas cifras se convirtan en ceros xa que, segundo o voceiro do PPdeG, ao revés que os socialistas, os populares non durmirán tranquilos mentres haxa unha única familia que estea en paro.
Por outra banda, Miranda afirmou que os datos do paro este mes son especialmente significativos xa que indican que o desemprego ralentiza o seu incremento aínda tendo en conta que o mes de xaneiro é tradicionalmente malo, sobre todo no sector servizos, coa fin da campaña de Nadal e, de feito, este ano o incremento do paro nese sector foi máis acusado que noutros anos xa que se concentran máis do 70% dos parados cando normalmente en xaneiro adoitan ser o 60%. Non obstante, segundo Miranda iso quere dicir que a industria e o sector primario recortaron o seu ascenso notablemente, o que é unha boa noticia.
Así mesmo, o popular fixo fincapé en que Galicia é a terceira Comunidade na que menos sube o paro, xa que se mantén no 6,6% o diferencial coa media estatal de desemprego (+21,66 España, 15,06 Galicia) pero asegura que a batalla continúa e móstrase seguro de que, pese a Zapatero e pese a Madrid, Galicia vaina gañar, xa que conta cun equipo de Goberno solvente, que axudou a que a nosa Comunidade sexa unha das tres que máis están reducindo o paro, xunto con Estremadura e Asturias.
Por outra banda, o voceiro do PPdeG subliñou as diferencias entre o Goberno galego e o central e afirmou que mentres o equipo de Feijóo trata de combatir o desemprego intentando reducir os impostos, complementando pensións, apostando por fortalecer os sectores que xeran emprego e se esforza en minimizar en Galicia os efectos das políticas do Executivo central, o equipo de Zapatero é pai de máis de catro millóns de parados e aínda se permite o luxo de subir os impostos, retirar deduccións, incrementar retencións no IRPF, recortar poder adquisitivo aos pensionistas e penalizar o aforro e o consumo á vez.
| < Anterior | Seguinte > |
|---|













