Miranda: "Ferraz quita a careta e lánzase á conquista das caixas galegas"

Ante o inicio de movementos do Goberno central para presentar un recurso contra a lei de caixas aprobada polo Parlamento galego

Miranda: "Ferraz quita a careta e lánzase á conquista das caixas galegas"

  • O voceiro popular entende que esta decisión do Goberno constitúe "un ataque directo á autonomía lexislativa de Galicia e un golpe á soberanía deste país"
  • Miranda denunciou que o Goberno trate de frear en Galicia o que avala e impulsa en comunidades do seu mesmo signo político
  • De confirmarse a decisión do Goberno, convertería La Moncloa nunha grande oficina electoral do PSOE cuxa iniciativa, neste caso, sería poñer en mans socialistas o aforro de todos os galegos

Santiago, 31 de xaneiro de 2010. - Ante a petición do Consello de Ministros ao Consello de Estado dun ditame preceptivo coa intención de presentar un recurso contra a lei de caixas aprobada polo Parlamento galego, o voceiro dos populares galegos, Antonio Rodríguez Miranda, afirmou que "Ferraz quita a careta e lánzase á conquista das caixas galegas".

O voceiro popular entende que este movemento do Goberno central constitúe "un ataque directo á autonomía lexislativa de Galicia e un golpe á soberanía galega que reside nun Parlamento autonómico que aprobou con dous terzos dos votos unha normativa impecable". Na mesma liña, Miranda manifestou que "o Goberno trata de frear en Galicia o que avala e impulsa en comunidades do seu signo político", o cal encontra "incoherente".

Deste xeito, Miranda manifesta que "Zapatero confirma que avala fusións nos seus caladoiros de votos pero castiga a Galicia" tratando non só de quitarlle as súas caixas, senón tamén de sacala do mapa financeiro español.

Segundo Miranda, de confirmarse as intencións do Goberno "a Moncloa converteríase nunha grande oficina electoral do PSOE" cuxa iniciativa "sería poñer en mans socialistas o aforro de todos os galegos".

Así mesmo, Miranda fixo referencia a Manuel Vázquez, "o embaixador socialista en Galicia que estará de parabén, pois pediu a Ferraz que lle axudasen a levarse de Galicia as caixas galegas e estes responden con eficacia e contundencia".

En calquera caso, o voceiro e vicesecretario popular fixo notar que "será moi complicado para o Goberno encontrar puntos recorribles na normativa", polo que advertiu que "se enfrontan" ao ridículo de atacar frontalmente unha lei galega sen contar" "con argumentos de peso".


Se o Goberno central intenta tirar por terra normativas aprobadas co respaldo da Cámara galega terá o rexeitamento frontal do PPdeG que, segundo Miranda, "non cederá un ápice na defensa da soberanía do pobo galego á hora de determinar o futuro das súas caixas".


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar