Puy louva o esforzo de Feijóo por consensuar unha fusión que garantiría a solvencia

• O vicevoceiro parlamentario ensalza a actuación do presidente por afrontar con garantías un proceso no que Galicia se xoga as súas caixas

• Puy destacou que en torno á proposta do presidente existe un amplísimo consenso, debido a que é a que en maior medida garante a saúde do noso sistema

 

• Destacou que os populares traballan neste proceso co único obxetivo de defender os intereses da Comunidade e pediu aos actores galegos que participan neste proceso que defendan os intereses de Galicia

• Avalou a decisión de abrir unha auditoría independente que permita corroborar que os datos cos que a Xunta elaborou o seu propio informe son os idóneos

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2009.- O vicevoceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, destacou hoxe o papel do presidente da Xunta na busca de consensos en torno á súa proposta de fusión das caixas galegas. O deputado popular considera que a Xunta de Galicia fixo un traballo serio e rigoroso, realizando un informe técnico e solvente e intentando aunar a través de conversas, os intereses dacordo cos representantes de Caixa Galicia e Caixanova, coa fin de buscar a mellor saída para o futuro financeiro galego.

 

Así, Puy destacou que en torno á proposta do presidente existe un amplísimo consenso, debido a que é a que en maior medida garante a saúde do noso sistema, xa que a entidade resultante da fusión non só mantería a galeguidade reclamada no Parlamento galego polas tres forzas con representación na Cámara, senón que ademais ofrecería unha potente solvencia garantizando a viabilidade futura da nova caixa galega.

 

O vicevoceiro parlamentario destacou que o presidente e todo o PPdeG están actuando en todo este proceso co único obxetivo de defender os intereses da Comunidade e pediu aos actores galegos que participan neste proceso que defendan por encima de todo os intereses xerais do país e non finalidades de calquera outro tipo, por moi lexítimas que sexan.

 

Pedro Puy considera acertado que se plantexe unha fusión igualitaria na que ningunha caixa parta dunha postura de superioridade e da que se beneficiará o conxunto de Galicia. Tamén considera que o proceso non sería especialmente gravoso en termos de emprego na Comunidade tendo en conta que os axustes propios desta unificación serían asumidos a través de prexubilacións, e contan por iso cos apoios dos sindicatos. Non haberá máis desemprego e si unha caixa máis forte e sólida capaz de afrontar con garantías os retos do futuro e os desafíos que entraña o proceso de concentración que en torno ás caixas se está levando a nivel nacional.

 

Ademais, avalou a decisión de abrir unha auditoría independente que permita corroborar que os datos cos que a Xunta elaborou o seu propio informe son os idóneos. O resultado desta auditoría permitirá ter una nova opinión cualificada e obxetiva que respalde unha postura que dá conta, non só do apoio da maioría dos implicados neste proceso, senón tamén do aval do informe obxetivo e riguroso elaborado pola Xunta.

 

Por outra banda, Puy pediu a determinados dirixentes locais que non mostren a súa debilidade electoral facendo manifestacións sobre unha cuestión da que, como pouco, carecen da máis mínima información.

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar