Vídeo de Benvida:

 

 

Curriculum Alberto Núñez Feijóo:

cv

Alberto Núñez Feijóo naceu o 10 de setembro de 1961 en Ourense, aínda que a maior parte da súa nenez transcorreu en Os Peares. As súas orixes nesta pequena aldea ourensana van marcar a súa traxectoria política.

Ao rematar o bacharelato desprazouse a Santiago de Compostela, onde recibiu unha completa formación académica.  Alí, licenciouse en Dereito na USC e tamén acadou o diploma de directivos da Xunta de Galicia.

Posteriormente, no ano 1985, ten lugar o seu primeiro contacto coa Administración autonómica galega ingresando na Xunta como membro do Corpo Superior da Administración xeral.

Non obstante, foi en xullo do ano 1991 cando Feijóo debutou na política, accedendo á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes como Secretario Xeral. Tres meses máis tarde, comezaría a desempeñar o mesmo cargo na Consellería de Sanidade e Servizos Sociais ata o ano 1996, da man do daquela conselleiro, Xosé Manuel Romay Beccaría. Ademais, desde o ano 1992 ata o ano 1996 tamén foi vicepresidente e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde.

Posteriormente en 1996, pasou a  exercer como Secretario Xeral de Asistencia Sanitaria no Ministerio de Sanidad y Consumo e tamén como Presidente do Insalud, cargos que ocuparía ata o ano 2000.

A partir dese mesmo ano, concretamente desde maio do ano 2000, traballou na entidade pública empresarial de Correos y Telégrafos como conselleiro-director xeral ata o mes de xuño do ano 2001, cando pasou a ser presidente da Sociedade Estatal de Correos y Telégrafos S.A, cargo no que estaría ata xaneiro do ano 2003.

A partires dese ano, voltou á Xunta de Galicia sendo nomeado conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Posteriormente, o 10 de setembro do ano 2004, converteríase no Vicepresidente Primeiro da Xunta.

Como membro do Partido Popular de Galicia, estreouse no ano 2002 formando parte do Comité de Dirección e Provincial do PP de Ourense. Dous anos despois, no 2004, pasou a ser membro do de Pontevedra, e posteriormente do Comité Executivo Nacional do PP no ano 2005.

En agosto dese mesmo ano foi nomeado deputado autonómico do PPdeG e, ao ano seguinte, o 15 de xaneiro do 2006, foi elexido presidente do partido no seu XIII Congreso, iniciando unha etapa de renovación do partido que foi fundamental para conseguir as posteriores victorias.

Desde ese momento ata as eleccións autonómicas do 1 de marzo de 2009, Feijóo, ao timón do PPdeG, desempeñou un excelente traballo na oposición xunto cos seus compañeiros de filas que levarían ao partido a conseguir a victoria absoluta nos comicios con 38 escanos.

Desde o 18 de abril de 2009 é presidente da Xunta de Galicia

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar