Miranda di que a novidade do PSOE sobre o voto emigrante son teses que xa defendía o PP

O voceiro de Institucional do Grupo Popular recorda que no recente Congreso do PP aprobouse unha proposta de Feijóo que solicitaba o voto dos emigrantes en furna de forma directa coa presentación dun documento oficial ou por correo previa solicitude formal

RODRÍGUEZ MIRANDA SALIENTA QUE “A ÚNICA NOVIDADE DA PROPOSTA SOCIALISTA SOBRE O VOTO EMIGRANTE É A ASUNCIÓN DAS MODIFICACIÓNS QUE DEFENDE O PARTIDO POPULAR DESDE HAI TEMPO”

  • “Hai que darlle a benvida a unha posición máis acorde co que de verdade demandan os emigrantes para exercitar o seu dereito a voto pero que é sensiblemente diferente á que se aprobou contando coa maioría socialista nas Cortes Xerais”, sinalou 

Santiago, 22 de febreiro de 2012.- O portavoz de Institucional e Administración do Grupo Popular, Antonio Rodríguez Miranda, salientou hoxe que “a única novidade da proposta realizada pola deputada socialista sobre o voto da emigración é a asunción das modificacións que desde hai tempo defende o Partido Popular, polo que hai que darlle a benvida a unha posición máis acorde co que de verdade demandan os emigrantes para exercitar o seu dereito a voto pero que é sensiblemente diferente á que se aprobou contando coa maioría socialista nas Cortes Xerais”. 

Rodríguez Miranda recordou que “mesmo no Congreso do Partido Popular celebrado esta fin de semana en Sevilla e a proposta do propio presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, como poñente do documento social, incorporouse unha emenda a través da que se solicitaba que o voto dos emigrantes se realizara en furna de forma directa coa presentación dun documento oficial ou por correo previa solicitude formal”. 

DIGNIFICAR O VOTO EMIGRANTE 

“Desde o Partido Popular sempre defendemos a necesidade de dignificar o voto dos emigrantes, que sexa totalmente transparente, polo que consideramos esencial que se leve a cabo nas mesmas condicións e garantías que o que se fai en España, sen descoidar a adopción de novas formas a través dos sistemas telemáticos”, sinalou o voceiro popular. 

Así mesmo, Rodríguez Miranda manifestou que “o paso á oposición dos socialistas parece que serviu para que lles chegara a inspiración e o sentido común no que respecta ao voto da emigración, logo de que foran os máximos impulsores, coa súa maioría parlamentaria, da reforma da LOREG aprobada nas Cortes Xerais hai pouco máis de un ano que agora cualifican de gravísimo erro e naquel momento ningún representante dese partido en Galicia saíra en contra desta modificación”. 

“Só nos queda saber se a proposta defendida agora pola deputada socialista conta de verdade co aval do seu partido a nivel nacional, cando sería recoñecer o acerto das propostas prantexadas polo Partido Popular co obxectivo de garantir o dereito a voto dos emigrantes nas mesmas condicións que os residentes en territorio nacional”, sinalou.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar