Os populares galegos subliñan que será a primeira vez que un partido político en Galicia faga un seguemento dun Debate desta índole en tempo real e empregando as ferramentas que a Rede ofrece
O PPdeG retransmitirá o Debate do Estado da Autonomía na súa páxina web, non só a través de vídeo senon tamén ofrecendo titulares en tempo real
• Os populares galegos estarán moi atentos ao Debate e irán publicando na web da formación fotografías e os comentarios que as distintas intervencións dos deputados lles vaian suscitando
• Trátase dun xesto que indica que o PPdeG está constantemente ao servizo da cidadanía e vai cos tempos, modernizándose e actualizándose mediante o uso das novas tecnoloxías
• O seu empeño é ser o partido co que os galegos máis se identifiquen; por iso é consciente da necesidade de estar moi preto dos cidadáns para escoitalos e tamén para informalos da actualidade e dos asuntos que, como galegos, lles interesan
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2010.- O Partido Popular de Galicia vai retransmitir mañá en directo o Debate do Estado da Autonomía a través da súa páxina web (www.ppdegalicia.com). Os populares galegos estarán moi atentos a un dos debates parlamentarios máis importantes para a Comunidade e irán publicando na web da formación os comentarios que as distintas intervencións dos deputados lles vaian suscitando e fotografías.
A formación dos populares galegos fai fincapé en que será a primeira vez que un partido político en Galicia faga un seguemento dun Debate desta índole en tempo real e empregando as ferramentas e recursos que a Rede lle ofrece.
Trátase, pois, dun xesto que indica que os populares non só están constantemente ao servizo da cidadanía, informando da actualidade e dos temas que lles interesan aos galegos, senón que, ao mesmo tempo, forman parte dun partido totalmente modernizado e que se actualiza, adaptando as súas canles de comunicación aos novos tempos e facendo uso das novas tecnoloxías.
O empeño do PPdeG é ser o partido co que os galegos máis se identifiquen e, para iso, é consciente da necesidade de estar moi preto dos cidadáns tanto para escoitar as súas demandas e necesidades como para informalos da actualidade e dos asuntos que, como galegos, lles interesan. Por iso, consideran vital que os momentos máis relevantes dun acto democrático tan importante coma o Debate do Estado da Autonomía sexan retransmitidos a través do medio cuxo uso se vai impoñendo cada vez máis na sociedade, que é Internet.
Poderáse acceder á rentransmisión en tempo real directamente a través deste enlace:
http://portal.ppdegalicia.com/index.php?option=com_content&view=article&id=1459:especial-tv-retransmision-en-directo&catid=60













