Antes os datos aportados polo barómetro de intención de voto dun coñecido medio galego
O PPdeG celebra que a día de hoxe gañaría en cinco das grandes cidades galegas
- En comparación coas eleccións municipais celebradas en 2007, o PP gañaría unha cidade máis, Vilagarcía, e estaría só a un concelleiro de acadar tamén Ourense e Vigo
- Os socialistas pasarían á oposición en máis da metade das cidades nas que actualmente gobernan hoxe de non ser polo apoio do BNG, que en 2011 vai seguir sendo necesario para eles
- Os populares galegos saben que o triplete está cerca. Tras ter acadado o éxito nas eleccións autonómicas e nas europeas, o obxectivo agora son as municipais
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2010.- Os populares galegos celebran que hoxe o PP gañarían en cinco das oito cidades galegas, o cal suporía ostentar o poder no 63% das grandes urbes da nosa comunidade.
No que a concelleiros se refire, as noticias son boas para os populares, que suman outro concelleiro en Vilgarcía, Ferrol e Lugo, e só perden un en Pontevedra.
En comparación coas eleccións municipais celebradas en 2007, o PP gañaría unha cidade máis, Vilagarcía, e estaría só a un concelleiro de acadar tamén Ourense e Vigo.
Neste novo escenario, os socialistas pasarían á oposición en máis da metade das cidades nas que actualmente gobernan hoxe de non ser polo apoio do BNG, que en 2011 vai seguir sendo necesario para eles.
De feito, os bipartitos seguen tendo problemas: con sete alcaldes en oito cidades, o PSOE segue sen ser capaz de lograr ningunha maioría absoluta.
Unha tendencia que se consolida e confirma a condea da que ningún dos dous partidos pode desfacerse: a de ser irremediables compañeiros de viaxe como único medio para acadar o poder.
A pouco máis dun ano da cita coas municipais, os populares galegos saben que o triplete está cerca. Tras ter acadado o éxito nas eleccións autonómicas e nas europeas, o obxectivo agora son as municipais, unha meta que se vai acadar coa mesma fórmula: propostas e traballo duro.













