O voceiro do PPdeG afirma que o PSOE ten ante si a posibilidade de soltar lastre e abandonar ao BNG na súa política de imposición da lingua e unirse ao consenso lingüístico que promulgan os populares
Miranda: “Se Vázquez fixera un referéndum no PSOE sobre apoiar ao PPdeG ou ao BNG na cuestión lingüística, tería que dicir ‘si’ ao texto da Xunta”
- O popular afirma que Vázquez aínda non parece decatarse de que “secundar as políticas do BNG é unha peaxe que xa non teñen que pagar agora que están na oposición e xa non gobernan xuntos”
- Lembrou cómo o mesmo Touriño admitía “como un erro” que coas políticas que o PSOE, xunto co BNG, levaba a cabo desde o Goberno galego, se fomentou a imposición lingüística
- Fixo fincapé en que se o PSOE desexa volver a ser “unha alternativa” ao Goberno de Feijóo, non lle queda máis remedio que volver á senda da sensatez lingüística
- Afirma que “entre defender a liberdade lingüística e non defendela non hai medias tintas” e, polo tanto, o PSOE debe decidir se no escenario lingüístico prefire estar cos nacionalistas ou cos populares
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2010.- O voceiro do Partido Popular de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, lamentou hoxe que o PSOE galego aínda non atopase a súa posición con respecto ao novo decreto do galego e mostre posturas ambivalentes mentres que o seu líder, Manuel Vázquez, aínda non parece decatarse de que “secundar as políticas do BNG é unha peaxe que xa non teñen que pagar agora que están na oposición e xa non gobernan xuntos”.
Con respecto a isto, Miranda afirmou que os populares son conscientes de que “se Vázquez sometese a referéndum no PSOE se apoiar ao PPdeG ou ao BNG na cuestión lingüística, non lle quedaría máis remedio que dicir ‘si’ ao texto da Xunta”. Nesta liña, o popular amosouse convencido de que a inmensa maioría do PSOE galego está desexando que o seu líder acerte neste asunto e non conduza unha vez máis ao partido cara “a cova lingüística do Bloque”.
Segundo Miranda, o PSOE cometeu un erro que lle costou a Xunta respaldando o modelo educativo daqueles que apostaban pola imposición do galego e retirando o seu apoio á defensa da liberdade lingüística pola que apostan os populares. Nesta liña, Miranda lembrou cómo o mesmo Touriño admitía “como un erro” que coas políticas que o PSOE, xunto co BNG, levaba a cabo desde o Goberno galego, se fomentou a imposición lingüística e fixo fincapé en que foron esas mesmas políticas as que foron rexeitadas de forma masiva nas urnas o pasado 1-M.
Por iso, Miranda fixo fincapé en que se o PSOE desexa volver a ser “unha alternativa” ao Goberno de Feijóo, non lle queda máis remedio que volver á senda da sensatez lingüística e poñerse ao lado dos que defenden a liberdade para que os galegos se expresen la lingua prefiren, “porque son eles os que deben decidir a lingua que queren empregar e non os membros dun partido minoritario como é o BNG”.
Con respecto a isto, o voceiro do PPdeG invitou a Vázquez a tomar unha postura clara con respecto ao tema lingüístico e matizoulle que debe ter en conta que “entre defender a liberdade lingüística e non defendela non hai medias tintas” e, polo tanto, o PSOE debe decidir se no escenario lingüístico prefire estar co Bloque e cos seus satélites ou co partido que defende que as linguas están para expresarse e non para ser impostas por ninguén.
Miranda asegurou que Vázquez aínda está a tempo de soltar lastre e abandonar ao BNG na súa política de imposición da lingua para unirse ao consenso lingüístico. Con respecto a isto, afirmou que se o socialista “de verdade quere ofrecer respostas ás demandas da xente”, entón o sitio do seu partido está a carón dos que defenden a promoción do galego sen imposicións, o coñecemento do castelán como lingua cooficial de Galicia e o ensino do inglés como o mellor camiño para moderniza o sistema educativo galego.
Por iso, subliñou Miranda, “tras catro anos de complicidade co BNG na imposición do galego”, o PSOE pode romper agora as súas cadeas cos nacionalistas e afrontar o resto da lexislatura “sen seguir levando ás súas costas a cruz de ser o partido que, xestionando a educación en Galicia, levou ás aulas galegas a converterse en espazos de adoutrinamento en lugar de respsetar a súa calidade de centros de coñecemento.
Deste xeito, o popular pediulle ao secretario xeral do PSOE galego, “amplitude e grandeza de miras” con respecto á lingua e ás liberdades individuais de cada cidadán de elexir a que queira para expresarse para non caer nos mesmos erros que o seu antecesor, Emilio Pérez Touriño.













