O PPdeG esixe ao PSOE que evite criticar a CRTVG tras catro anos de manipulación

Nun claro exemplo de cinismo e dobre moral, os socialistas culpan ao equipo actual de problemas que crearon eles e ocultan que a Xunta Electoral emitiu, durante a campaña das autonómicas, doce condenas contra a dirección anterior por falta de neutralidade

 

O PPdeG esixe ao PSOE que evite as críticas á CRTVG por pudor tras catro anos de manipulacións informativas e contratacións irregulares

 

• Os traballadores presentaron 223 demandas laborais durante a etapa do bipartito, das que xa recaeron sentenza en 72, todas elas contra o ente público

 

• O Consello de Contas, no informe correspondente a 2006, advertiu sobre as contratacións feitas no ente público naquela etapa, xa que nun ano aumentou nun 550,53 por cento o gasto en personal eventual por programas, o que supuxo “unha alteración moi grande da contratación en materia de recursos humanos e condicionan fortemente a viabilidade financieira global do ente público”

 

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2009.- O Partido Popular de Galicia esíxelle ao PSOE galego que evite as críticas á CRTVG por pudor, tras catro anos de manipulacións informativas e de contratacións irregulares. Os populares consideran que os socialistas deben explicar a todos os galegos a grave situación laboral na que deixou a CRTVG despois da etapa de xestión da dirección xeral nomeada polo bipartito, cuxas consecuencias está tendo que afrontar o novo equipo.

 

Así mesmo, os socialistas tamén deben dar conta aos cidadáns polo xeito no que manipularon os medios públicos de comunicación. De feito, durante a última campaña das eleccións autonómicas, as Xuntas Electorais de Galicia e Central emitiron doce condenas contra a Dirección da CRTVG por falta de neutralidade, o que non ten precedentes en ningunha outra televisión de Europa.

 

Nun claro exemplo de cinismo e dobre moral, os socialistas acaban de pedir explicacións sobre os gastos e a xestión na CRTVG, cando foron eles os responsables da situación laboral nos medios de comunicación públicos, e cando foron eles os que, coas súas prácticas de manipulación e censura, recibiron condenas das Xuntas Electorais.

 

Durante a etapa da dirección xeral nomeada polo bipartito, os traballadores presentaron 223 demandas laborais, das que xa recaeron sentenza en 72. Como consecuencia delo, o novo equipo tivo que facer unha provisión de 8 millóns de euros nos presupostos, para facer fronte á situación que se creou durante a etapa de xestión da dirección bipartita.

 

A política laboral da CRTVG foi mesmo obxecto de atención por parte do Consello de Contas, que advertiu que a CRTVG incrementou en 2006 un 550,53 por cento o gasto en persoal eventual por programas, que acadou a cifra de 6.422.612, 94 euros, fronte aos 987,285,74 euros do ano 2005. Segundo o Consello de Contas de Galicia, “estes niveis de incremento supoñen unha alteración moi grande da contratación en materia de recursos humanos e condicionan fortemente a viabilidade financieira global do ente público”.

 

Así se reflicte no “Informe da actividade económico-financieria das entidades públicas dependentes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma” correspondente ao exercicio do 2006, elaborado polo órgano fiscalizador.

 

Outro dos aspectos no que incide este informe é sobre os contratos de alta dirección na CRTVG no exercicio do 2006. Segundo o Consello de Contas, dos entes públicos, a CRTVG era o que tiña un maior número, cun total de 47 contratos de alta dirección, “coa clara vulneración da normativa vixente”.

 

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar