O PPdeG lamenta que o 'quenta-cadeiras' de Blanco se atreva a criticar congresos democráti

Os populares recordan que Vázquez foi designado a dedo pola dirección do seu partido en Ferraz co congreso extraordinario do PSOE galego aínda sen convocar e destacan que esa formación non é exemplo de nada

 

• Os populares galegos entenden a aversión de Vázquez ao PP de Ourense xa que axudou moito nesa provincia a crear a imaxe de eterno segundón e perdedor que acompaña ao secretario xeral do PSOE en Galicia

 

• Consideran que se Manuel Vázquez tivese a metade de personalidade política que calquera dos militantes do PP de Ourense en Galicia, este non consentiría ser un títere en mans da dirección nacional do seu partido

 

• Fan fincapé en que o PSOE galego non é exemplo de nada e consideran que non debe cuestionar os congresos limpos doutras formacións quen pertence a un partido que, a pesar de pretender disfrazalos de democracia, celebra congresos que non resultan ser máis que paripés previamente amañados

 

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2009.- O Partido Popular de Galicia lamenta que o ‘quenta-cadeiras’ de José Blanco, Manuel Vázquez, se atreva a criticar os congresos democráticos doutras formacións políticas cando é precisamente nos do seu partido onde a democracia brilla pola súa ausencia.

 

Con respecto a isto, os populares galegos recordan que Vázquez foi designado a dedo de forma oficiosa pola dirección do seu partido en Ferraz a mesma noite das eleccións autonómicas e co congreso extraordinario do PSOE galego, onde se decidiría quen sería o sucesor de Touriño, aínda sen convocar.

 

Por outra banda, os populares galegos comprenden as frustracións dun Manuel Vázquez que, ano tras ano, foi vapuleado en Ourense polo Partido Popular desa provincia da que o PSOE galego era responsable.

 

Así mesmo, o Partido Popular de Galicia tamén entende a aversión de Vázquez ao PP de Ourense xa que os populares axudaron moito nesa provincia a crear a imaxe de eterno segundón e perdedor que acompaña ao secretario xeral do PSOE en Galicia.

 

Os populares consideran que se Manuel Vázquez tivese a metade de personalidade política que calquera dos militantes do PP de Ourense en Galicia, este non consentiría ser un títere en mans da dirección nacional do seu partido.

 

Por outra banda, os populares recordan que só a temporalidade no cargo que ten o secretario xeral do PSOE galego pode xustificar as súas declaracións públicas e, do mesmo xeito, lamentan que queira compensar con insultos a súa escasa talla política.

 

Ademais, os populares galegos fan fincapé en que o PSOE galego non é exemplo de nada e consideran, polo tanto, que non debe cuestionar os congresos limpos doutras formacións quen pertence a un partido desunido e desnortado que, a pesar de pretender disfrazalos de democracia, celebra congresos que non resultan ser máis que paripés previamente amañados.

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar