Miranda alaba o cumprimento escrupuloso da Xunta do programa do PPdeG

 

O voceiro do PPdeG asegurou que a acción do Goberno se centrou nestes oito meses en “combatir a crise, mellorar os servizos sociais e recuperar espazos de liberdade perdidos”

Miranda alaba o cumprimento escrupuloso da Xunta do programa electoral do PPdeG e avanza que o mellor está por chegar

  • Segundo os cálculos realizados pola comisión de seguemento, preto do 20% do programa electoral dos populares se cumpriu xa, cando aínda non leva transcurrido un 17% de lexislatura sequera.

 

  • O popular destacou varias das propostas levadas a cabo, como exemplo da transformación iniciada en Galicia baixo os parámetros do programa do PPdeG e que adiantaron ao 2009 o ano 10 de Galicia
  • Mencionou, entre outras medidas, o plan de austeridade, as baixadas de impostos, as reduccións das listas de espera, as axudas á Dependencia e aos sectores estratéxicos, o Plan Move, o Pacto do Obradoiro, o Plan Xacobeo e a política lingüística

 

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2009.- O voceiro do Partido Popular de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, destacou, tras unha reunión da comisión de seguemento do programa electoral, que a Xunta de Galicia está levando a cabo un cumplimento escrupuloso do programa electoral do PPdeG, avalado pola cidadanía nas urnas o pasado 1-M.

 

Como afirmou o popular, o órgano que vixía a posta en práctica do programa do PPdeG, creado o pasado mes de maio e dirixido por Pedro Puy e por el mesmo, e coordinado por Pedro Arias, ten por obxetivo vixiar o grao de lealdade da Xunta dos populares con aquelas propostas que resultaron merecedoras da confianza da cidadanía galega. Con isto, como matizou Miranda, os populares queren garantizar que se remataron os tempos nos que os programas electorais deixaban de ter importancia ao rematar os comicios.

 

Con respecto a isto, o voceiro dos populares galegos fixo fincapé en que o Goberno galego está cumprindo cos compromisos que recollía o PPdeG no seu programa electoral e, segundo os cálculos realizados pola comisión de seguemento e tendo en conta que algúns dos puntos do programa facían referencia a vontades en clave de país e non a medidas concretas definidas no tempo máis aló de propostas concretas, poderíase dicir que preto do 20% do programa electoral dos populares se cumpriu xa, cando aínda non leva transcurrido un 17% de lexislatura sequera.

 

UN GOBERNO DEZ

Miranda destacou varias das medidas levadas a cabo, como exemplo da transformación iniciada en Galicia baixo os parámetros do programa do PPdeG, agrupándoas en dez propostas que adiantaron ao 2009 o ano 10 de Galicia. Un ano 10 que, como subliñou o popular, comezou en abril e botou a camiñar coa primeira decisión adoptada con Feijóo como presidente que non é outra que a designación dun Goberno reducido e equilibrado, capaz de facer con dez conselleiros máis e mellor política que o anterior con catorce.

 

Así, Miranda mencionou o plan de austeridade do actual Goberno galego, recollido no programa electoral e que incluía, entre as medidas adoptadas, a reducción nun 47% dos altos cargos da Xunta e do 3% nas súas retribucións e prevía unha reconversión de gasto improductivo en inversión útil fixado en campaña en 100 millóns de euros que rematou elevándose aos 143,97 millóns. Ademais, reordeouse o parque móvil da Xunta e reduciuse nun 30% os gastos administrativos da Xunta.

 

Grazas a este plan, como sinalou o popular, Galicia deixou de ser sinónimo de despilfarro a selo de aforro e eficiencia no gasto e sentáronse as bases sobre as que hai que construir o futuro do desenvolvemento da Comunidade.

 

O voceiro do PPdeG tamén fixo fincapé na promesa da reducción das listas de espera dos populares engadindo que a Xunta está traballando nun anteproxecto de lei de garantías de prestación sanitaria que garantice a atención médica nun prazo fixado pola lei e está cumprindo tamén co compromiso de dotar a Galicia de tres novos hospitais en Vigo, Pontevedra e Ourense.

 

Así mesmo, Miranda destacou o cumprimento do obxetivo de pagar as prestacións que recolle a lei aos 18.500 grandes dependentes nos seis primeiros meses de Goberno así como a decisión de destinar máis de 230 millóns de euros para a palicación da lei nos presupostos de 2010, o que supón 74 millóns máis dos adjudicados polo bipartito.

 

PROMESAS CUMPRIDAS

Por outra banda, o popular centrouse nas promesas cumpridas con respecto aos plans de potenciación dos sectores estratéxicos, facendo fincapé en iniciativas como o plan Re-Móvete, que freou a sangría de matriculación de novos vehículos en Galicia para conseguir un aumento do 37% de ventas respecto ao ano anterior, e o Plan de Vivenda 2009-2012, que supón movilizar en tres anos 13.780 vivendas para a súa venta ou alquiler. Ademais, mencionou tamén as actuacións do Goberno galego con respecto ao sector eólico, onde xa se eliminaron os visos de ilegalidade e volveu recobrar a normalidade, e a súa intención de acabar cos desequilibrios territoriais cos plans Impulsa Lugo e Impulsa Ourense.

 

Miranda non esqueceu subliñar tampouco as iniciativas levadas a cabo polo Goberno galego en canto ao tema da lingua galega e fixo fincapé na consulta realizada aos pais sobre o uso do galego nas escolas, devolvéndolles protagonismo no ámbito da educación e obtendo así unha base sobre a que elaborar o borrador dun decreto que presentará nos próximos días.

 

O popular afirmou que a vontade política de derogar o decreto do bipartito estivo presente dende o primeiro momento e polo tanto sempre respetouse a vocación do PPdeG de rematar coa imposición lingúística.

 

Así mesmo, Miranda mencionou o deseño por parte do Goberno galego do Plan Move, que implica a posta en marcha dunha iniciativa que vai serrar 70.000 empregos e que colocará ao 80% dos cidadáns a menos de dez minutos dunha vía de altas prestacións, e tamén subliñou o traballo de saneamento das rías e as inversións no programa de infraestruturas hidráulicas da Xunta.

 

Por outra parte, o popular sinalou o feito de que o Goberno galego, como se prometía no programa electoral, si baixou impostos, ao contrario do que se fai desde Madrid, e con respecto a isto mencionou o decreto de conxelación das tasas universitarias para o curso 2009-2010, a reducción do ITP e do IAXD. Ademais, segundo Miranda, a política de rebaixas fiscais sería máis ambiciosa a día de hoxe se non existise un buraco de 1.200 millóns de euros na Administración desde a pasada lexislatura e se o Goberno central non esixise a devolución de 1.900 millóns de euros.

 

Miranda finalizou destacando o ambicioso programa do Goberno galego para o Ano Santo, pensado para colocar a Galicia no epicentro cultural e espiritual do planeta, e tamén o Pacto do Obradoiro, mediante o cal Feijóo desbloqueou o AVE a Galicia, pasando de prazos fixados de viva voz co Ministerio de Fomento a un protocolo con datas detalladas e rubricado polo Goberno galego e o central.

 

O popular asegurou que a comisión de seguemento se encontraba moi satisfeita cos resultados que, oito meses despois de tomar o poder, está dando o Goberno galego pero afirma que, a pesar de ter dado xa pasos moi importantes, os populares saben que o mellor, co equipo que conforma a actual Xunta, está por chegar.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar