Puy lamenta o falecemento de Isaac Díaz Pardo, "un dos nosos bos e xenerosos"

O voceiro popular lamentou a “gran perda para Galicia que nos deixa en compensación un legado cultural baseado na súa propia  obra artística e na dinamización da nosa cultura que conseguiu a través dos seus proxectos industriais”

PEDRO PUY SOBRE O FALECEMENTO DE ISAAC DIAZ PARDO “MORREU UN DOS NOSOS BOS E XENEROSOS”

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2012.- O voceiro do PPdeG no Parlamento, Pedro Puy Fraga, lamentou hoxe o falecemento de Isaac Díaz Pardo sinalando  que “morreu un dos nosos bos e xenerosos”. Para o voceiro popular “é unha perda para toda Galicia xa que morreu un dos nosos pintores mais grandes de todas as épocas, unha persoa que soubo dinamizar a nosa cultura, emprender proxectos industriais tan importantes como Sargadelos ou Cerámicas do Castro e editoriais tan importantes como Editorial O Castro así como  a posta en marcha do Museo Carlos Maside”. 

O voceiro popular destacou que “tanto polo conxunto da súa obra artística propia como pola súa adaptación das ideas creativas a un proxecto industrial viable o intelectual  deixa un legado de home bo e xeneroso ata o final da súa vida facendo unha doazón dos seus fondos á Cidade da Cultura” .Pedro Puy engadiu que “é en definitiva unha gran perda para Galicia que todos lamentamos profundamente e que nos deixa un legado cultural moi importante que nos  fará recordar a Isaac Díaz Pardo sempre”.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar