Puy valora positivamente a remodelación da Xunta en cargos e estrutura "máis racional"

O voceiro popular destaca a reducción do 40% das consellerías con respecto á anterior lexislatura “para racionalizar a Administración e gañar  eficiencia no gasto”

PEDRO PUY FAI UNHA VALORACIÓN MOI POSITIVA DA REMODELACIÓN DA XUNTA TANTO NO REFERIDO A EXPERIENCIA DAS NOVAS CONSELLEIRAS COMO NO RELATIVO A RACIONALIZACIÓN DA ESTRUCTURA DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

  • Afirmou que tanto Elena Muñoz como Rocío Mosquera  teñen unha experiencia e coñecemento das áreas que van a xestionar xa que formaban parte do equipo das anteriores responsables

  • Considera unha moi boa noticia que a Administración do Estado conte con persoas con experiencia na xestión autonómica, “e supón un recoñecemento a labor feita pola Xunta nestes 3 anos”

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2011.- O voceiro do PPdeG no Parlamento, Pedro Puy Fraga, fixo hoxe unha valoración moi positiva da remodelación da Xunta de Galicia dada a coñecer hoxe “tanto no referido a experiencia das novas conselleiras como no relativo a racionalización da estructura da Administración Autonómica”. Así se referiu a Elena Muñoz e Rocío Mosquera como persoas que teñen unha ampla experiencia e coñecemento das áreas que van a xestionar xa que formaban parte do equipo das anteriores responsables, as ex-conselleiras de Facenda e Sanidade “que asumen importantes responsabilidades no Goberno de España como mostra da confianza nas políticas desenvolvidas na nosa Comunidade e o moito que levan feito nas súas respectivas áreas ”. 

Na mesma liña valorou positivamente que as competencias de Cultura e Medio Rural , derivadas da reestructuración da Xunta, sexan asumidas polos responsables de Educación e Mar, porque  “implica a asunción de novas responsabilidades para conselleiros experimentados e significa un paso mais na simplificación da administración cunha reducción do 40% das consellerías con respecto á anterior lexislatura “para racionalizar a Administración e gañar  eficiencia no gasto” segundo Pedro Puy. Así mesmo considerou importante a racionalización en base as competencias desta estructura para mellorar a xestión reducindo este Goberno “nada mais chegar un 25% no número de consellerías, un 47% de altos cargos e un 30% o número de asesores e as súas propias retribucións”. 

MELLORAS PARA AFRONTAR A SITUACIÓN 

“Tanto polas persoas que pola súa experiencia van a dar continuidade as políticas desenvoltas como pola racionalización da estructura, que vai permitir gañar en eficiencia, a remodelación da Xunta anunciada polo Presidente é fondamente acertada para permitir no fin desta lexislatura continuar traballando co obxectivo  de mellorar a situación económica e crear emprego” segundo o voceiro popular. 

Pedro Puy considera moi importante para a interlocución coa Comunidade Autónoma que a Administración central do Estado conte con persoas con experiencia no ámbito autonómico “o que augura un bo clima de diálogo coas  Comunidades Autónomas, algo que botamos moito en falta na lexislatura pasada” . Así mesmo, no referido a Galicia “que conten con persoas que tiveron responsabilidades na nosa administración autonómica é moi boa noticia xa que ven a confirmar a boa xestión e o recoñecemento á labor feita pola Xunta, xa que foi en Galicia onde comezou a transformación na racionalización do gasto e a austeridade para cumprir cos pactos relativos ao déficit e procurar que España evite os riscos que conleva o incumprimento dos acordos dentro da Unión Europea”.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar