Román Rodríguez lamenta a falta de memoria dos socialistas e pregúntalles “qué criterios seguían eles para eliminar centros en época de bonanza económica mentres incrementaban o gasto corrente un 30 por cento”
O GOBERNO BIPARTITO PECHABA UNHA MEDIA DE 24 ESCOLAS UNITARIAS CADA ANO
- O voceiro de Educación do Grupo Popular salienta que a actual Consellería “consensuou os peches cos alcaldes, independentemente da súa cor política, cousa que non facía o Goberno anterior” e garante o acceso dos alumnos a centros próximos e a permanencia dos profesores na súa área territorial de referencia.
Santiago, 24 de agosto de 2010.- Ante as críticas da oposición polo peche de escolas rurais a causa da falta de alumnos, o Grupo Popular lembra que o Goberno Bipartito pechaba na súa etapa unha media de 24 escolas unitarias cada ano, dato que chegou a 28 en 2006. A media de peches do actual Goberno sitúase en 20 coas 18 que van ter que pecharse este ano.
O voceiro de Educación do Grupo Popular, Román Rodríguez, lamenta a falta de memoria dos socialistas e pregúntalles “qué criterios seguían eles para eliminar centros en época de bonanza económica mentres incrementaban o gasto corrente un 30 por cento”. Para o deputado, as declaracións do voceiro de Educación do Grupo Socialista “constitúen o colmo da hipocrisía política”, así como “unha burla ao considerar que todos os galegos somos tan desmemoriados como el”.
Doutra banda, Rodríguez salienta que a actual Consellería “consensuou os peches cos alcaldes, independentemente da súa cor política, cousa que non facía o Goberno anterior” e garante o acceso dos alumnos a centros próximos e a permanencia dos profesores na súa área territorial de referencia.
“Os socialistas pecharon máis escolas que agora cando a situación económica era moito máis positiva e o Bipartito se especializaba no despilfarro”, polo que “se eles non o facían por motivos economicistas, teremos que pensar que o facían con criterios políticos”, apunta o deputado popular.













