O PPdeG presentará un plan para encarar a problemática demográfica

A Comisión de estudio dun plan de dinamización demográfica de Galicia aprobou hoxe as súas normas de funcionamento e a partires de setembro debaterá o seu plan de traballo

O PPDEG PRESENTARÁ UN PLAN DE TRABALLO PARA “MIRARLLE AOS OLLOS A PROBLEMÁTICA DEMOGRÁFICA QUE TRASCENDA O ÁMBITO POLÍTICO-PARTIDISTA POIS SE REQUIREN SOLUCIÓNS DENDE TODOS OS ÁMBITOS ADMINISTRATIVOS”

  • Para o voceiro popular na Comisión Roman Rodríguez “hai que identificar a problemática facendo un análise profundo da situación actual, un diagnóstico e visión prospectiva e plantexar solucións con políticas integrais-transversais orientadas á rehabilitación demográfica”

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2010.- A Comisión de estudio dun plan de dinamización demográfica de Galicia, na súa reunión de hoxe, aprobou as súas normas de funcionamento e a partires de setembro debaterá o seu plan de traballo. O Grupo Popular adelanta que o seu plan de traballo estaría deseñado para “mirarlle aos ollos a problemática estrutural demográfica que transcende o ámbito político-partidista e que require de solucións dende todos os ámbitos administrativos, pois estamos fronte a unha complexa problemática de carácter social e mesmo cultural que transcende o ámbito puramente político” segundo indicou o voceiro popular na Comisión, Román Rodríguez.

 

Para o deputado popular é necesario nun primeiro lugar “ identificar a problemática facendo un análise profundo da situación actual, un diagnóstico con visión prospectiva e plantexar solucións con políticas integrais-transversais orientadas á rehabilitación demográfica”.

 

O plan de traballo que o Grupo Popular propondrá se estrutura en tres apartados comezando por facer un análise da situación actual e caracterización demográfica, incluíndo neste o proceso evolutivo, a distribución territorial, con especial atención a despoboación rural-interior e a concentración urbana, as variables poboacionais e a situación de Galicia en relación co contexto peninsular e europeo.

 

Nun segundo apartado o Grupo Popular plantexa a elaboración dun diagnóstico e visión prospectiva con proxeccións demográficas, a análise das políticas públicas vencelladas, de ámbito local, autonómico e estatal, e as consecuencias derivadas da situación, tanto económicas como de mercado de traballo, mantemento do territorio, gastos asistenciais ou vencellados á dependencia.

 

Por último o PPdeG agarda plantexar unha serie de conclusións-recomendacións no que se plantexen alternativas e liñas de acción política de carácter integrais e transversais orientadas á rehabilitación demográfica e medidas específicas de carácter fiscal, organización laboral, emprego, oferta de servizos e conciliación a impulsar tendo en conta os diferentes ámbitos competencias. Para Roman Rodríguez a cuestión transversal é fundamental “xa que todas as administracións, tanto estatais, autonómica ou locais, teñen que dicir e aportar na reformulación das políticas públicas encamiñadas a buscarlle solucións a o grave problema demográfico que sofre a nosa Comunidade”.O deputado popular indica que o traballo da Comisión será “un traballo en positivo e que buscará sempre o consenso nun tema de vital importancia e que non se trata de cuestión partidistas”.

 

 

 

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar