“O PPdeG sabe cal é a situación actual e non a oculta aos galegos: as previsións irreais dos orzamentos da Xunta bipartita e do Goberno do Estado e a súa irracionalidade na xestión obriga á Xunta a devolver 2600 millóns en liquidacións negativas do pasado das que non é responsable e que afecta negativamente as finanzas da Comunidade” segundo o voceiro popular
RUIZ RIVAS:”AGORA GALICIA TEN UN GOBERNO QUE CONTA A VERDADE DAS CONTAS PUBLICAS E INVITA AO CONSENSO, E UNHA OPOSICIÓN QUE SÓ BUSCA OS SEUS INTERESES PARTIDISTAS”
- Para o voceiro popular “ a situación actual de crise veuse agravada polos que a negaron, falaron dun plus de resistencia e se negaron a cambiar o rumbo embarcándose nun cruceiro de luxos e dispendios, de gastos e de falta de autoridade”
- Segundo Ruiz Rivas “Galicia leva agora un ano e medio de vantaxe practicando a necesaria austeridade, pensando en termos de eficiencia do gasto público e presupostando cunha visión estratéxica, avaliando a rendibilidade de cada euro investido, que é a filosofía do Plan Estratéxico”
- Pedíu un exercicio de responsabilidade “e pensar nos cidadáns deste país e aceptar o acordo de reclamar un diferimento das devolucións condicionadas a futuras liquidacións positivas para aliviar as obrigas da Xunta as que ten que facer fronte ata o ano 2016, como plantexou o Presidente no seu discurso” indicou Ruiz Rivas
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2010.- O voceiro do Grupo Popular, Manuel Ruiz Rivas, destacou hoxe no pleno do Parlamento que “agora Galicia ten un Goberno que conta a verdade das contas públicas e invita ao consenso, e unha oposición que só busca os seus intereses partidistas”. O voceiro popular centrou a súa intervención, no debate da comparecencia do Presidente da Xunta para avaliar a situación económica e financeira da Comunidade e informar das propostas do Goberno galego, indicando que “a maior diferenza con gobernos anteriores é que o PPdeG sabe cal é a situación actual, real e non a oculta aos galegos”. Esta situación, según relatou, consiste en que “as previsións irreais dos orzamentos da Xunta bipartita e do Goberno do Estado obriga á Xunta a devolver 2600 millóns en liquidacións negativas do pasado, das que non é responsable, e que afecta negativamente as finanzas da Comunidade”.
Ruiz Rivas destacou que a gravidade da situación económica que atravesa España e Galicia “viuse agravada polo empeño dalgúns en negar a crise e falar dun plus de resistencia e se negaron a cambiar o rumbo embarcándose nun cruceiro de luxos e dispendios, de gastos e de falta de autoridade”. Ante esto o PPdeG xa viña avisando na necesidade de contención da política desmesurada de gasto público e enfatizou na responsabilidade de non ocultar a realidade e xenerar falsas expectativas sobre a capacidade de gastar da administración. “Aínda así a tónica do bipartito foi non reducir a administración, nin altos cargos nin administración paralela, nin priorizar investimentos, nin redución de débeda e o 80% dos ingresos derivados da boa situación económica se pegaron ao orzamento como gasto corrente obrigado a manter no futuro”.
Fronte a eso, segundo o voceiro popular, “Galicia leva agora un ano e medio de vantaxe practicando a necesaria austeridade, pensando en termos de eficiencia do gasto público e presupostando cunha visión estratéxica, avaliando a rendibilidade de cada euro investido, que é a filosofía do Plan Estratéxico”. Ruiz Rivas defendeu deste xeito a política da Xunta de Galicia “con medidas a corto prazo aos que mais o necesitan como son as familias con rebaixas fiscais e priorizando as axudas aos sectores estratéxicos”.
Para o voceiro popular “ante a chamada do Presidente da Xunta para impulsar acordos que nos permitan á vez superar a crise e sentar as bases do progreso económico de Galicia nun mundo aberto e globalizado esperamos que a oposición faga un exercicio de responsabilidade, deixe de defender os seus intereses partidistas e se poñan dunha vez do lado de Galicia”. Nese sentido pediu un exercicio de responsabilidade e aceptar o acordo de reclamar un diferimento das devolucións condicionadas a futuras liquidacións positivas para aliviar as obrigas da Xunta as que ten que facer fronte ata o ano 2016”.













