O PPdeG ve motivada polo rencor a actitude do Goberno central respecto á Lei do Solo

O voceiro de Ordenación do Territorio, Román Rodríguez, indica que “boa proba delo e que plantexa o rexeitamento de apartados que xa están contemplados dende o 2002 ou o 2004 e tanto nese momento como na época do bipartito na Xunta de Galicia, cando se fixeron dúas modificacións a lexislación urbanística e territorial, non presentaron ningún recurso”

O PPDEG CALIFICA A ACTITUDE DO GOBERNO CENTRAL AO RESPECTO DA LEI DO SOLO DE GALICIA DE “EXTEMPORÁNEA E GUIADA POLO RENCOR POLÍTICO”

  • “Resulta sorprendente e sospeitoso que na tramitación parlamentaria o Ministerio de Vivenda presentara un informe, sen ter competencias e por primeira vez , ó respecto da modificación da Lei ,  e agora sexa outro, o de Medio Ambiente, o que poña en tela de xuízo a modificación unha vez aprobada” indica Román Rodríguez

  • O Grupo Popular cualifica de “nova deslealdade do Goberno central con Galicia que agardamos non sexa impulsada por algún socialista galego coa intención de non servir aos intereses galegos senón levados polo rencor”

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2010.- O voceiro de Ordenación do Territorio do PPdeG, Román Rodríguez, cualificou hoxe o posible recurso de inconstitucionalidade do Goberno do Estado da Lei do solo de Galicia de “extemporáneo e guiado polo rencor político e boa proba e que plantexa un rexeitamento contra apartados que xa están contemplados dende o 2002 ou o 2004 e tanto nese momento como na época do bipartito na Xunta de Galicia, cando se fixeron dúas modificacións á lexislación urbanística e territorial, non presentaron ningún recurso”.

 

“Esta circunstancia denota mala fe política e unha clara intencionalidade de impulsar unha nova deslealdade do Goberno central ao respecto de Galicia”, segundo o voceiro popular quen engadiu que “xa se a adiviñou esta liña política xa que resulta sorprendente e sospeitoso que na tramitación parlamentaria o Ministerio de Vivenda presentara un informe, sen ter competencias e por primeira vez, ó respecto da modificación da Lei ,   e agora sexa outro, o de Medio Ambiente, o que poña en tela de xuízo a modificación unha vez aprobada”.

 

Para Román Rodríguez o actual Ministerio de Medio Ambiente “maldirixido pola ministra Espinosa non é precisamente un exemplo a seguir na protección do litoral. Non hai mais que ver algunhas actuacións que presenta no litoral e no ámbito de protección marítimo terrestre e que son auténticos atentados ambientais” indicou o deputado popular. Román Rodríguez puxo como exemplos o Paseo Marítimo de Neda; a súa intervención , xusto encima da auga, entre A Guarda e Cabo Silleiro;” os máis de 10 millóns de euros que están a gastar en Rianxo intentando crear praias onde non as hai, mesmo picando con martillo mecánicos os cantís, ou creando unha escola de surf encima das dunas de Domiños de case un millón de euros para maior gloria do alcalde Irisarri” indicou o deputado popular quen engadiu que “ademais carece de vontade de solucionar as distorsións que ten xerado a Lei de Costa en innumerables núcleos costeiros de Galicia”.  

 

O voceiro popular resaltou que a Lei 2/2010 de modificación da LOUGA naceu cun enorme consenso político, con concellos e coas forzas políticas, e de feito asumiu gran número de emendas dos partidos políticos da oposición e de organismos como o CES, “naceu coa vontade de dar solución a problemáticas que existen no noso territorio e que é preciso encauzar”.Para Román Rodríguez fronte a capacidade de consenso e de aportar solucións manifestada polo PP e pola actual Xunta de Galicia o PSOE manifesta formas de mal perdedor e así o Grupo Popular cualifica de “nova deslealdade do Goberno central con Galicia a posible presentación do recurso, que agardamos non sexa impulsada por algún socialista galego coa intención de non servir aos intereses galegos senón levados polo rencor”.

 

Román Rodríguez recordoulle aos socialistas, no referido a protección do litoral “da que sempre presumen que son sensibles que a anterior Xunta bipartita no seu Plan Acuícola de 2008 tamén permitía construír piscifactorías en Rede Natura e, en todo caso, o seu sectarismo político fixo fuxir da Costa da Morte unha inversión moi importante que impida crear 100 postos de traballo”.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar