Gómez Alonso: "A Xunta actúa con rigor na licitación da autovía da Costa da Morte"

O voceiro de Infraestruturas do PPdeG lamentou hoxe en Fisterra que “os socialistas estén tratando de coaccionar” e defendeu a profesionalidade da mesa de contratación da obra

GÓMEZ ALONSO: “A XUNTA DE GALICIA ESTÁ A OBRAR COA MÁXIMA TRANSPARENCIA E RIGUROSIDADE NO PROCESO DE LICITACIÓN DA AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE”

  • “Os socialistas deberían dar explicacións polo gasto de 4,2 millóns de euros de todos os galegos nunhas obras que non foron capaces de iniciar pola insolvencia da concesionaria á que lle adxudicaron a sabendas da súa inviabilidade financeira”

  • Alcaldes, voceiros e deputados do PPdeG presentaron un Manifesto a prol da inmediata construción da autovía Carballo-Berdoias e da continuación do itinerario de alta capacidade ate Fisterra

  • Os representantes do PPdeG presentarán mocións nos distintos concellos amosando a total adhesión ao actual goberno da Xunta de Galicia para que proceda a adxudicar as obras da autovía, conforme aos criterios técnicos e económicos que a fagan posible

  • “As únicas obras que están rematadas ou que continúan a súa execución en toda a comarca son as que deixou licitadas o PPdeG no marco do Plan Galicia, o bipartito tan so foi quen de por en servizo 41 kms dun total de 194,8 kms previstos polo PP”

Fisterra , 7 de xullo de 2010.- O voceiro de Infraestruturas do PPdeG, Gómez Alonso, acompañado polo deputado Alberto Sueiro Pastoriza, mantiveron unha xuntanza hoxe en Fisterra con alcaldes e voceiros do PP na Costa da Morte na que amosaron a total adhesión ao actual goberno da Xunta de Galicia “que está a obrar coa máxima transparencia e rigorosidade no proceso de licitación da autovía como non fixeron os socialistas no anterior goberno bipartito que fixo unha adxudicación fraudulenta, xa que adxudicaron a sabendas de que non era posible facela o que supuxo unha fraude aos cidadáns” segundo o deputado popular. 

“Os socialistas deberían dar explicacións polo gasto de 4,2 millóns de euros de todos os galegos nunhas obras que non foron capaces de iniciar pola insolvencia da concesionaria á que lle adxudicaron a sabendas da súa inviabilidade financeira” indicou Gómez Alonso, quen criticou que “agora pretendan coaccionar a mesa de contratación” de quen defendeu a súa profesionalidade. 

Na reunión mantida esta mañá con cargos do PPdeG na Costa da Morte deron lectura a un Manifesto a prol da inmediata construción da autovía Carballo-Berdoias e da continuación do itinerario de alta capacidade ata Fisterra. Neste Manifesto resaltan a importancia para as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra da construción dunha vía de alta capacidade “que o anterior goberno galego non foi quen de lograr o inicio das obras a pesares dos anuncios, primeiras pedras e promesas”. Deste xeito Gómez Alonso indicou que ante as dificultades surxidas logo da adxudicación no ano 2008 das obras da autovía entre Carballo e Berdoias que impediron o seu inicio “e logo de instar á adxudicataria a retomar os traballos, o actual goberno da Xunta de Galicia adoptou a decisión de rescindirlle o contrato á empresa, procedendo a unha nova licitación que permitise executar esta importante obra”. 

“Agora- indica o Manifesto- cando a Xunta de Galicia está a piques de culminar o novo proceso de adxudicación xorden novamente incertezas sobre a posibilidade de acometer esta obra, que é vital e acumula un retraso insoportable para o conxunto da cidadanía que desexa contar canto antes cunha moderna vía, libre de peaxe, que lle dea resposta a unha vella aspiración e a unha reiterada promesa da clase política que non se pode adiar por máis tempo”. 

Os representantes do PPdeG na Costa da Morte presentarán mocións nos distintos concellos amosando a total adhesión ao actual goberno da Xunta de Galicia para que proceda a adxudicar as obras da autovía, conforme aos criterios técnicos e económicos que a fagan posible o inicio inmediato dos traballos e a posta a disposición desta infraestrutura no menor prazo de tempo posible.  

Segundo Gómez Alonso “as únicas obras que están rematadas ou que continúan a súa execución en toda a comarca da Costa da Morte son as que deixou licitadas o PPdeG no marco do Plan Galicia, o bipartito tan so foi quen de por en servizo 41 kms dun total de 194,8 kms previstos polo PP”.

 

 

MANIFESTO A PROL DA INMEDIATA CONSTRUCIÓN DA AUTOVÍA CARBALLO-BERDOIAS E DA CONTINUACIÓN DO ITINERARIO DE ALTA CAPACIDADE ATA FISTERRA

“O Manifesto da Costa da Morte”___________________ 

As comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra padecen desde tempo inmemorial unha acusado déficit de infraestruturas de comunicación que dificultan as súas relacións sociais e as actividades económicas co resto de Galicia e, de forma moi especial, coa zona urbana da Coruña, coa que tradicionalmente manteñen fortes vínculos de todo tipo.

Da postergación que desde antigo padece esta zona nas súas comunicacións dá unha idea o feito de que en todas estas comarcas non existe un só itinerario da rede que fora considerada de interese xeral do Estado, dependendo para as súas principais comunicacións rodadas da rede de estradas autonómica e, en menor medida, da rede provincial. 

A pesar das melloras producidas nestas redes nos últimos anos, estas comarcas precisan de itinerarios de alta capacidade que as conecten de forma rápida e segura co resto de Galicia, tal e como se fixo xa na maior parte da Comunidade Autónoma con accións promovidas tanto pola Administración do Estado como da autonómica. 

A construción dunha vía de alta capacidade que comunique a Costa da Morte coa cidade da Coruña é unha vella aspiración dos veciños e das veciñas destas terras, que foi obxecto de reiteradas promesas por parte das organizacións políticas. 

Só na última década do pasado século se levou a cabo a construción da autoestrada de peaxe entre Carballo e A Coruña, sen que desde entón se iniciase ningunha actuación máis nesa dirección. 

A partir da catástrofe do Prestige, no ano 2003 o Goberno de Galicia adquiriu o compromiso de conectar a Costa da Morte con Carballo, a través dun itinerario de alta capacidade dentro da programación do Plan Galicia, cun remate previsto no ano 2007. 

Desde entón, o anterior Goberno galego non foi quen de lograr o inicio das obras e a pesar dos anuncios, primeira pedras e promesas, o certo é que apenas se ten avanzado na materialización desta conexión, onde só se está executar na actualidade, o tramo de alta capacidade entre Cee e Sardiñeiro (Fisterra). 

Ante as dificultades surxidas logo da adxudicación no ano 2008 das obras do autovía entre Carballo e Berdoias que impediron o seu inicio, e logo de instar á adxudicataria a retomar os traballos, o actual Goberno da Xunta de Galicia adoptou a decisión de rescindirlle o contrato á empresa, procedendo a unha nova licitación que permitise executar esta importante obra. O novo proxecto contempla que o trazado na súa totalidade sexa unha autovia. 

Agora, cando a Xunta de Galicia está a piques de culminar o novo proceso de adxudicación xorden novamente incertezas sobre a posibilidade de acometer esta obra, que é vital e acumula un retraso insoportable para o conxunto da cidadanía desta zona, que desexa contar canto antes cunha moderna vía, libre de peaxe, que a lle dea resposta a unha vella aspiración e a unha reiterada promesa da clase política que non se pode adiar por máis tempo. 

En consecuencia, os representantes públicos da Costa da Morte manifestamos a nosa total adhesión ao actual Goberno da Xunta de Galicia para que, dunha vez por todas e sen máis dilación, proceda a adxudicar as obras da autovía, libre de peaxe, entre Carballo e Berdoias, conforme aos criterios técnicos e económicos que fagan posible o inicio inmediato dos traballos e a posta a disposición desta infraestrutura no menor prazo de tempo posible. 

Igualmente, instamos á Xunta de Galicia a que continúe a reactivación das actuacións viarias que fagan posible rematar o resto do traxecto, en concreto a continuación entre Berdoias e Cee, para lograr a operatividade do itinerario completo de alta capacidade entre A Coruña e Fisterra á maior brevidade posible. 

 

Fisterra, 7 de xullo de 2010.

 

 

 

 


MOCIÓN DO GRUPO POPULAR A PROL DA INMEDIATA CONSTRUCIÓN DA AUTOVÍA CARBALLO-BERDOIAS E DA CONTINUACIÓN DO ITINERARIO DE ALTA CAPACIDADE ATA FISTERRA


O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenvolvidos na seguinte: 


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 

As comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra padecen desde tempo inmemorial unha acusado déficit de infraestruturas de comunicación que dificultan as súas relacións sociais e as actividades económicas co resto de Galicia e, de forma moi especial, coa zona urbana da Coruña, coa que tradicionalmente manteñen fortes vínculos de todo tipo. 

Da postergación que desde antigo padece esta zona nas súas comunicacións dá unha idea o feito de que en todas estas comarcas non existe un só itinerario da rede que fora considerada de interese xeral do Estado, dependendo para as súas principais comunicacións rodadas da rede de estradas autonómica e, en menor medida, da rede provincial. 

A pesar das melloras producidas nestas redes nos últimos anos, estas comarcas precisan de itinerarios de alta capacidade que as conecten de forma rápida e segura co resto de Galicia, tal e como se fixo xa na maior parte da Comunidade Autónoma con accións promovidas tanto pola Administración do Estado como da autonómica. 

A construción dunha vía de alta capacidade que comunique a Costa da Morte coa cidade da Coruña é unha vella aspiración dos veciños e das veciñas destas terras, que foi obxecto de reiteradas promesas por parte das organizacións políticas

Só na última década do pasado século se levou a cabo a construción da autoestrada de peaxe entre Carballo e A Coruña, sen que desde entón se iniciase ningunha actuación máis nesa dirección. 

A partir da catástrofe do Prestige, no ano 2003 o Goberno de Galicia adquiriu o compromiso de conectar a Costa da Morte con Carballo, a través dun itinerario de alta capacidade dentro da programación do Plan Galicia, cun remate previsto no ano 2007. 

Desde entón, o Goberno galego non foi quen de lograr o inicio das obras e a pesar dos anuncios, primeira pedras e promesas, o certo é que apenas se ten avanzado na materialización desta conexión, onde só se está executar o tramo de alta capacidade entre Cee e Sardiñeiro (Fisterra). 

Ante as dificultades surxidas logo da adxudicación no ano 2008 das obras do autovía entre Carballo e Berdoias que impediron o seu inicio, e logo de instar á adxudicataria a retomar os traballos, o actual Goberno da Xunta de Galicia adoptou a decisión de rescindirlle o contrato á empresa, procedendo a unha nova licitación que permitise executar este importante obra. O novo proxecto contempla que o trazado na súa totalidade sexa unha autovia. 

Agora, cando a Xunta de Galicia está a piques de culminar o novo proceso de adxudicación xorden novamente incertezas sobre a posibilidade de acometer esta obra, que é vital e acumula un retraso insoportable para o conxunto da cidadanía desta zona, que desexa contar canto antes cunha moderna vía, libre de peaxe, que a lle dea resposta a unha vella aspiración e a unha reiterada promesa da clase política que non se pode adiar por máis tempo. 

Por todo iso, o Grupo Municipal do Partido Popular somete para a súa toma en consideración polo Pleno da Corporación as seguintes


PROPOSTAS DE ACORDO:

Os representantes públicos da Costa da Morte manifestamos a nosa total adhesión ao actual Goberno da Xunta de Galicia para que: 

Primeiro.- Proceda coa maior rapidez a adxudicar os traballos da autovía, libre de peaxe, entre Carballo e Berdoias, conforme aos criterios técnicos e económicos que fagan posible o inicio inmediato das obras e a posta a disposición desta infraestrutura no menor prazo de tempo posible. 

Segundo.- Continúe a reactivación das actuacións viarias que fagan posible rematar o resto do traxecto, en concreto a continuación entre Berdoias e Cee, para lograr a operatividade do itinerario completo de alta capacidade entre A Coruña e Fisterra á maior brevidade posible.



Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar