O PPdeG propón a elaboración dun plan de seguridade viaria

Nunha emenda presentada hoxe no Parlamento o voceiro de Infraestruturas, Gómez Alonso, tamén defendeu outras medidas de divulgación dunha condución segura e responsable entre a cidadanía

O PPDEG PROPÓN A ELABORACIÓN DUN PLAN DE SEGURIDADE VIARIA QUE RECOLLA ACTUACIÓNS DE MELLORA NOS TRAMOS DE CONCENTRACIÓN DE ACCIDENTES DA REDE VIARIA AUTONÓMICA

  • Segundo defendeu Gómez Alonso a seguridade viaria é un “problema de país” e o actual goberno da Xunta de Galicia” apostou dende o primeiro momento polos obxectivos ineludibles do fomento do transporte público e as campañas de sensibilización ” 

Santiago de Compostela, 9 de marzo  de 2010.- O PPdeG, a través do voceiro de Infraestruturas Gómez Alonso, defendeu no pleno de hoxe unha emenda na que propón a elaboración dun Plan de Seguridade Viaria que recolla, tanto actuacións de mellora nos tramos de concentración de accidentes (TCA) da rede viaria autonómica, como outras medidas de divulgación dunha condución segura e responsable entre a cidadanía.

Para Gómez Alonso a seguridade viaria “é un problema de pais que require dunha política integral que se marque como obxectivos ineludibles o fomento do transporte público, marcar un horizonte temporal para a eliminación dos TCA´S, desenvolver campañas de concienciación eficientes e, sobre todo, programas de prevención”. Nese sentido, indicou que o actual goberno do PPdeG na Xunta de Galicia apostou dende o primeiro momento polo impulso do transporte público, incrementando as rutas do Noitebus nun 24% , e traballo nas campañas de sensibilización viaria, como a do “condutor alternativo” ou a campaña de sensibilización á mocidade galega.

Así mesmo, indicou Gómez alonso, dotouse de estabilidade administrativa o comisionado galego de seguridade vial creado polo bipartito creándose unha Secretaría Xeral de Seguridade Viaria conformada por funcionarios, e se aumentou nun 10,3% os orzamentos en seguridade vial nos presupostos do ano 2010.

O voceiro de Infraestruturas indicou que dende o PPdeG “nunca fixemos da seguridade vial un tema sobre o cal facer oposición política e as nosas críticas centrámolas nas comparecencias da ex conselleira de Política Territorial cando veu a falarnos ao Parlamento”. Deste xeito indicou que a Xunta bipartita negouse a facer unha política de seguridade vial “de todas e todos” e criticou o “triunfalismo político que tiña atribuíndose o éxito da redución da siniestralidade a un plan que careceu da dotación orzamentaria aprobada e do que 9 de cada 10 medidas non foron cumpridas”.

Gómez Alonso defendeu a “achega dende o Grupo Parlamentario Popular” a unha iniciativa do BNG que suporía instar ó Goberno non só a actuar sobre os TCA´S  que sexan detectados e identificados a partir da análise da accidentalidade do ano 2009 senón en ampliar o obxectivo e instar ao Goberno a facer un novo Plan de Seguridade Viaria de Galicia que recolla entre as diferentes medidas a actuación planificada sobre os TCA´S e que “incidirá positivamente no obxectivo de mellora da seguridade viaria e de redución das vítimas mortais nun 50% antes do ano 2013, tal e como recolle o Plan MOVE” .


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar