O PPdeG cualifica de "ridículo" que os socialistas dean leccións de política laboral

O voceiro de Traballo dos deputados do PPdeG, Alberto Sueiro, pregúntalle ao PSdeG se o que pretende é “que se apliquen en Galicia as medidas improvisadas e inútiles de Zapatero, que están a levar á ruina a tantas familias galegas”

O GRUPO POPULAR CUALIFICA DE “RIDÍCULO” QUE OS SOCIALISTAS SE PERMITAN DAR LECCIÓNS DE POLÍTICA LABORAL

  • “A receita do PSOE fronte á crise é xa ben coñecida: aumento do paro, subida de impostos, plans anunciados sen base ningunha e sen contar con ninguén e incapacidade para acadar o diálogo social”, sinala Sueiro, quen resalta que “afortunadamente, en Galicia agora as cousas fanse doutro xeito”

  • O voceiro popular resalta que outro claro exemplo da “ineficacia e incapacidade do Goberno do Estado” é a paralización do diálogo social mentres que en Galicia xa está en marcha, logo de tres reunións cos axentes sociais, e xa están convocadas as mesas de traballo para mediados do presente mes de febreiro

  • Alberto Sueiro recorda que Galicia mantén un diferencial positivo de seis puntos respecto a España na taxa de paro, que na nosa Comunidade é do 12,88, e en Comunidades socialistas como Andalucía e Extremadura superan o 20 por cento, con 26,33 e 21,26 respectivamente,   fronte a estatal de 18,83 por cento

Santiago, 1 de febreiro de 2009.- Ante as declaracións feitas hoxe polo voceiro de Emprego do Grupo parlamentario do PSdeG, o Grupo Popular cualifica de “ridículo” que os socialistas se permitan dar leccións de política laboral, cando “todo o mundo está a sufrir as teóricas fórmulas máxicas do PSOE na materia”, segundo resalta o voceiro de Traballo dos deputados do PPdeG, Alberto Sueiro. Sueiro pregúntalle ao PSdeG se o que pretende é “que se apliquen en Galicia as medidas improvisadas e inútiles de Zapatero, que están a levar á ruina a tantas familias galegas”.

O Goberno central socialista “está a demostrar que non sabe como afrontar a crise económica”, indica o deputado popular, para quen o último plan de austeridade anunciado polo Executivo de Zapatero, así como a proposta de adiar a idade de xubilación “non son máis que unha nova mostra da súa incapacidade para gobernar e de que o único que é quen de facer é improvisar e sacar medidas da manga sen previo estudio nin consulta”. Así, “temos que España está á cabeza de Europa en índice de paro” e que “mentres o Goberno fai alardes de optimismo falando de inminente recuperación, todas as opinións internacionais falan do contrario”. Unha situación, na que o máis grave, “é que os que máis perciben que todo o triunfalismo de Zapatero é pura falsidade son os cidadáns, que estamos a pagar os seus erros con cada vez máis paro e con subas de impostos” sen que se vexan “medidas reais, planificadas e a longo prazo para lograr unha saída real da crise”.

“A receita do PSOE fronte á crise é xa ben coñecida: aumento do paro, subida de impostos, plans anunciados sen base ningunha e sen contar con ninguén e incapacidade para acadar o diálogo social”, sinala Sueiro, quen resalta que “afortunadamente, en Galicia agora as cousas fanse doutro xeito”.

O voceiro popular resalta que outro claro exemplo da “ineficacia e incapacidade do Goberno do Estado” é a paralización do diálogo social mentres que en Galicia xa está en marcha, logo de tres reunións cos axentes sociais, e xa están convocadas as mesas de traballo para mediados do presente mes de febreiro.

Alberto Sueiro recorda  que Galicia mantén un diferencial positivo de seis puntos respecto a España na taxa de paro, que na nosa Comunidade é do 12,88, e en Comunidades socialistas como Andalucía e Extremadura superan o 20 por cento, co 26,33 e 21,26 respectivamente,   fronte a estatal de 18,83 por cento.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar