Pedro Puy:”O Goberno de Zapatero carece de respeto institucional"

O voceiro de Economía do PPdeG contrapón a actitude da Xunta que no tema do fondo do FROB abriu unha canle de diálogo e dende o primeiro momento explicou por qué cuestionaba a súa constitucionalidade

PEDRO PUY:”O GOBERNO DE ZAPATERO CARECE DE RESPETO INSTITUCIONAL XA QUE NON EXPLICOU OS MOTIVOS DA SOLICITUDE DO DICTAME SOBRE A LEI DE CAIXAS GALEGA”

• O líder do PSdG-PSOE descolgouse no último momento do consenso , contradicindo incluso a membros do seu partido,”poñendo paos as rodas en contra dos intereses galegos xa que de non prosperar a operación financeira deixaría a Galicia sen caixas” indicou o voceiro popular

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2010.- Para o voceiro de Economía do Grupo Popular, Pedro Puy Fraga, “o Goberno de Zapatero carece de respecto institucional cara a Galicia xa que non explicou os motivos da súa solicitude dun ditame para optar pola vía do recurso ante a lei de caixas de Galicia que, por outra banda, é conforme ao ordenamento xurídico español” . O voceiro popular contrapuxo a esta situación a actitude da Xunta que “dende o primeiro momento abriu unha canle de diálogo e explicou por qué cuestionaba a constitucionalidade do fondo do FROB”.

Deste xeito indicou que a Xunta, no marco da defensa competencial autonómica, abriu un prazo de seis meses, que está a punto de finalizar, sobre a interpretación do fondo do FROB e dentro duns días se reunirá a comisión bilateral. “Pero a Xunta sempre explicou o seu cuestionamento sobre a constitucionalidade do Fondo, cousa que non se está a producir por parte do Goberno central no tema da lei de caixas galega”.

O voceiro popular criticou que o líder o PSdG-PSOE se descolgase no último momento do consenso “contradicindo a membros do seu propio partido e mesmo ao voceiro socialista na ponencia da lei que non veían xustificado ningún recurso de inconstitucionalidade” . Pedro Puy pediu responsabilidade a Manuel Vázquez “e que deixe de poñer paos as rodas en contra dos intereses galegos xa que de non prosperar a operación financeira deixaría a Galicia sen caixas”.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar