Ruiz Rivas lamenta que haxa partidos que critiquen que se universalice a cultura galega

O portavoz do Grupo Popular cualifica de “sorprendente” que BNG e PSOE ataquen a xestión da Xunta en relación co Xacobeo, “cando eles non deixaron nada programado desde o seu Goberno”

 

RUIZ RIVAS CONSIDERA QUE FAN “UN FLACO FAVOR AO PAÍS” OS PARTIDOS QUE CRITICAN QUE SE PRETENDA PROXECTAR E UNIVERSALIZAR A CULTURA GALEGA

 

 

• “As palabras do conselleiro non foron postas no seu contexto”, salienta o deputado, para quen é evidente que Roberto Varela “falaba do potencial que ten a nosa cultura, que pode competir perfectamente con calquera outra e que debe darse a coñecer e non quedar só para os galegos”

 

 

 

Santiago, 27 de xaneiro de 2010.- O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Manuel Ruíz Rivas, considerou hoxe que fan “un flaco favor ao país” os partidos políticos que critican que se pretenda proxectar e universalizar a cultura galega. Na rolda de prensa con motivo da visita que realiza hoxe a Sarria o Grupo Popular, Ruíz Rivas lamentou “a campaña contra a xestión da Xunta en materia de Cultura e no relativo ao Ano Santo”, baseada en críticas “sen sustento nos feitos” e cualificou de “sorprendente” que BNG e PSOE ataquen a xestión da Xunta en relación co Xacobeo, “cando eles non deixaron nada programado desde o seu Goberno”.

 

“Hai só uns meses gobernaban eles e non deixaron nada feito”, apuntou o deputado, quen resaltou que “chama a atención, polo tanto, que agora se alcen contra unha programación seria e importante”. Para o portavoz parlamentario do PPdeG, as críticas responde unicamente “a intereses de partido” e deixan “en mal lugar unha programación que pode supor un gran beneficio para Galicia”, A este respecto, lembrou que, mentres os indicadores falan dunha recesión de 6 décimas en España, o Xacobeo contribuirá a lograr en Galicia “un crecemento de en torno a medio punto”.

 

Así mesmo, Manuel Ruíz referiuse tamén ás críticas vertidas polo PSOE contra o conselleiro de Cultura por unhas recentes declaracións. “As palabras do conselleiro non foron postas no seu contexto”, salientou o deputado, para quen é evidente que Roberto Varela “falaba do potencial que ten a nosa cultura, que pode competir perfectamente con calquera outra e que debe darse a coñecer e non quedar só para os galegos”. “Falar de universalizar a cultura non é peiorativo, senón todo o contrario, é falar de confianza”, concluiu Ruíz Rivas, quen non entende que “a ninguén poida molestarlle que se fale de promocionar a nosa cultura”.

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar