O PPdeG expresa o seu máis profundo pesar polo acontecido na praia de Orzán

Os populares galegos destacan a valentía dos tres policías nacionais que se lanzaron ao mar para salvarlle a vida ao mozo eslovaco, tamén desaparecido 

O PPdeG expresa o seu máis profundo pesar polo acontecido na praia de Orzán 

  • Os populares queren trasladar aos familiares, tanto do mozo eslovaco coma dos policías nacionais, todo o seu cariño e apoio nuns momentos tan difíciles 
  • Aproveitan para mandar un agarimoso saúdo aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, cuxos membros se comportan como auténticos heroes 

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2012.- O Partido Popular de Galicia expresa o seu máis profundo pesar polo triste suceso acontecido esta mañá na praia de Orzán, que se saldou coa desaparición no mar dun mozo eslovaco e de tres policías nacionais que acudiron na súa busca, un dos cales foi achado morto.

Os populares galegos queren trasladar aos familiares, tanto do mozo eslovaco coma dos policías nacionais, todo o seu cariño e apoio nuns momentos tan difíciles e póñense á súa completa disposición.

Así mesmo, o Partido Popular de Galicia destaca especialmente a coraxe e valentía dos tres policías nacionais que se lanzaron ao mar, a pesar do perigo que supoñía, para salvar a vida do mozo.

Por iso, os populares galegos tamén queren aproveitar para mandar un agarimoso saúdo aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, cuxos membros arriscan as súas vidas día a día, comportándose como auténticos heroes.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar