Feijóo ve importante continuar ca disciplina orzamentaria e incentivar o sector industrial

O presidente do Goberno galego interveu, no xantar-coloquio organizado polo Club Financeiro de Vigo-Círculo de Empresarios de Galicia

Feijóo: “O futuro pasa por proseguir coas políticas de control de déficit público, de disciplina orzamentaria e, a partir de aí, proseguir coas políticas de incentivación ao sector industrial”

- Destaca que, no que vai de lexislatura, a Xunta atendeu a 8.000 pequenas e medianas empresas da comarca de Vigo, desde o punto de vista de facilitar créditos, avais e axudasReitera que, a pesar da crise económica, o Goberno galego mantén os compromisos das grandes infraestruturas pendentes en - Vigo

- Afirma que a Xunta segue comprometida “cos estaleiros da Ría de Vigo, con todos os estaleiros privados da Ría de Vigo e da Ría de Pontevedra” e di que seguirá a traballar “na medida das súas posibilidades” para convencer a Pymar e, tamén, para influír no Ministerio de Industria e dar unha oportunidade a - Vulcano

- Destaca que as políticas iniciadas de austeridade e disciplina presupostaria e control do déficit público están dando resultados: “Mentres hai outras comunidades que están sometidas a profundas restricións orzamentarias e dificultades de pago e de liquidez, Galicia segue sendo unha comunidade solvente”

Vigo, 20 de xaneiro de 2012.- O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe, durante o xantar-coloquio organizado polo Club Financeiro de Vigo-Círculo de Empresarios de Galicia, que “o futuro pasa por proseguir coas políticas de control de déficit público, de disciplina orzamentaria e, a partir de aí, proseguir coas políticas de incentivación ao sector industrial”.


Neste último punto, Feijóo destacou, a modo de exemplo, que, no que vai de lexislatura, a Xunta atendeu a 8.000 pequenas e medianas empresas da comarca de Vigo, desde o punto de vista de facilitar créditos, avais e axudas. “No que levamos de lexislatura, foi e é clave na política industrial de Galicia o sector do automóbil e o sector naval e estamos apostando claramente -no sector do automóbil, no naval e no téxtil xunto co sector da pedra- por Vigo, pola súa área metropolitana”.


Así mesmo, Feijóo asegurou que, a pesar da crise económica, o Goberno galego mantén os compromisos das grandes infraestruturas pendentes en Vigo: “mantemos o compromiso de finalización do hospital público de Vigo; o compromiso do cofinanzamento da gran depuradora; os compromisos da PLISAN e de dotar a Vigo da capacidade administrativa e política a través dunha área metropolitana; e Vigo está dentro da axenda das grandes infraestruturas xudiciais”.
No tocante á situación do estaleiro Vulcano, o presidente autonómico afirmou que a Xunta seguirá a traballar “na medida das súas posibilidades” para convencer a Pymar e, tamén, para influír no Ministerio de Industria e dar unha oportunidade ao estaleiro. “A Xunta –aseverou- segue comprometida cos estaleiros da Ría de Vigo, con todos os estaleiros privados da Ría de Vigo e da Ría de Pontevedra e, por suposto, segue comprometida con Vulcano”.


Vigo, “clave” nas políticas industrias, de incentivación e de axudas por parte da XuntaDeste xeito, o titular da Xunta remarcou que Vigo é “clave” nas políticas industriais, nas políticas de incentivación e nas políticas de axudas por parte da Xunta; “e as infraestruturas fundamentais da comarca –reiterou- van seguir con independencia e a pesar da crise económica”.


Se ben é certo que a economía española está nunha situación “moi comprometida”, Feijóo reiterou que “Galicia é a economía con menos déficit, con menos paro e con máis exportacións que a media do resto das comunidades”. E, neste sentido, destacou que as políticas iniciadas de austeridade e disciplina presupostaria e control do déficit público están dando resultados. “Mentres hai outras comunidades que están sometidas a profundas restricións orzamentarias e dificultades de pago e de liquidez, Galicia segue sendo unha comunidade solvente”,dixo.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar