O PPdeG álzase contra o decreto do carbón do Goberno central

Esta decisión supón outra nova deslealdade para Galicia, que se suma á ameaza de recurso contra a Lei do Solo, ao recurso contra a Lei de caixas galega ou á financiación autonómica

 

O PPdeG álzase contra o decreto do carbón e lamenta que o Goberno central siga actuando contra os intereses de Galicia

 

  • Os populares critican unha normativa que atenta contra os postos de traballo das centrais térmicas das Pontes e Cerceda, contra os intereses de Galicia e contra a libre competencia

 

  • Subliñan que eles se manifestaron hai tempo contra os principios que defende este decreto e foron os primeiros en protestar ante as nefastas consecuencias que traería a súa aplicación

 

  • Critican que da reunión que o departamento de Miguel Sebastián mantivo cos alcaldes de Cerceda e As Pontes, onde se alcanzaron acordos, non se transmitise nada á Consellería de Economía e Industria

 

Santiago de Compostela, 17 de julio de 2010.- O Partido Popular de Galicia non pode máis que alzarse contra un decreto do carbón prexudicial para a Comunidade e lamenta que o Goberno central siga empeñado en actuar contra os intereses dos galegos.

 

Para os populares é indignante que o equipo de Zapatero apoie a posible aplicación dunha normativa que beneficia a queima do carbón nacional, prexudicando desta maneira ás centrais térmicas das Pontes e de Cerceda, que empregan carbón de importación, máis barato e respetuoso co medio ambiente, e polo tanto máis competitivo.

 

O Partido Popular de Galicia critica, polo tanto, unha iniciativa que atenta contra os intereses enerxéticos da Comunidade e contra os postos de traballo dos empregados das dúas centrais térmicas que se verán afectadas. Así mesmo, protestan polo carácter intervencionista do decreto, xa que vai contra a libre competencia que a propia Lei do Sector Eléctrico avala, e altera as decisións tomadas no seo do sistema no mercado.

 

Os populares apoian, por tanto, a decisión do Goberno galego de impugnar a posible aplicación da normativa do carbón e fan fincapé en que esta xa foi duramente criticada por parte de organismos como a Comisión Nacional da Enerxía e a Comisión Nacional da Competencia, posto que se trata dunha iniciativa moi proteccionista que desafía ás bases do librecambismo e, por tanto, do mercado libre.

 

Nesta liña, os populares subliñan que tamén eles se manifestaron hai tempo contra os principios que defende este decreto e, de feito, foron os primeiros en protestar ante as nefastas consecuencias que a súa aplicación supoñería para a Comunidade.

 

Para o Partido Popular de Galicia, esta decisión do Goberno central supón outra nova deslealdade para Galicia, que se suma á ameaza de recurso contra a Lei do Solo, ao recurso contra a Lei de caixas galega ou á financiación autonómica.

 

Trátase, logo, doutro desprezo máis que quedou perfectamente simbolizado coa reunión que o departamento de Miguel Sebastián, o Ministerio de Industria, mantivo cos alcaldes de Cerceda e As Pontes, onde se alcanzaron acordos e da que nada se transmitiu á Consellería de Economía e Industria.

 

O Goberno de Zapatero sabe que lle debe unha disculpa a Galicia e aos galegos e ten unha forma moi peculiar de transmitila pero os populares salientan que non quedarán calados ante a actitude do Goberno central coa Comunidade e seguirán facendo forza para defender os seus intereses.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar