O PSOE manipula os datos sobre o tratamento informativo da CRTVG

Os socialistas falsean a realidade como fixeron nos telexornales da etapa anterior, que tiveron doce resolucións de condena da Xunta Electoral, o que nunca ocurrira na historia da TVG

 

O PSOE, acostumado a manipular os informativos da CRTVG durante o bipartito, adícase agora a manipular os datos sobre o tratamento informativo

 

• Sorprende o cinismo de Ricardo Varela ao falar agora da situación laboral da CRTVG, xa que se negou a escoitar aos traballadores cando era conselleiro de Traballo

 

• Preto de 600 traballadores asinaron un escrito, que remitiron a Varela, no que rexeitaban rotundamente o que estaba a facer a anterior dirección

 

• O deputado socialista oculta que todas as denuncias laborais foron presentadas durante a anterior etapa

 

 

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2010.- O PSOE añora os “anos escuros” da CRTVG da etapa do bipartito, e acostumado a manipular os informativos entón, agora adícase a manipular os datos sobre o tratamento informativo. Os socialistas, que destacaron na súa etapa pola manipulación, censura e falta de neutralidade, seguen a facer o mesmo ao falsear a realidade, xa que coa chegada da novo equipo volveu a pluralidade aos medios públicos de Galicia, que de novo están ao servizo de todos os galegos e acabáronse os escándalos do bipartito, como as gravacións ilegais de conversas de directivos da TVG con algún alto cargo da Xunta.

 

Esta pluralidade molesta aos socialistas galegos, que prefiren uns informativos como os da época anterior, que eran o No-do do bipartito e pretenden que continúe o apagón informativo ao que tiñan sometido ao PPdeG. Os socialistas nin aceptaron antes nin aceptan agora a pluralidade, nen a importancia da información institucional, e tampouco o criterio da representatividade e proporcionalidade na información política, que figura na lei de creación da CRTVG, xa que durante os catro anos anteriores non o respetaron en ningún momento.

 

A manipulación e censura da TVG do bipartito foi obxecto de doce resolucións de condena da Xunta Electoral durante a campaña das últimas eleccións autonómicas. Nunca na historia da CRTVG se produxera unha situación semellante, que obrigou a reiterados pronunciamentos da Xunta Electoral, polo uso electoralista dos medios públicos, co obxectivo de prexudicar ao PPdeG, o principal partido de Galicia.

 

MEDIO BIPARTITO, EN CONTRA DA ANTERIOR CRTVG

A situación foi tan escandalosa que foi denunciada mesmo por cargos públicos do BNG, entón socios de goberno do PSOE en Galicia. O que fora secretario xeral da Vicepresidencia acusou aos entón directivos da CRTVG de prácticas estalinistas nos informativos. Dirixentes do BNG chegaron a afirmar nos medios de comunicación que os informativos da TVG só servían para que as familias dos conselleiros soubesen si iban a comer ese día a súa casa.

 

Os socialistas tamén tentan falsear a realidade ao falar das audiencias da TVG e agochan que os informativos do mediodía da TVG son líderes na súa franxa horario, e superan habitualmente o 30 por cento de cota de pantalla, mesmo subindo do 40 por cento durante os recentes temporais.

 

 

O BIPARTITO NUNCA SE PREOCUPOU POLOS TRABALLADORES

Resulta sorprendente, e un exemplo de cinismo e dobre moral, que agora o voceiro do PSOE na comisión de control da CRTVG, Ricardo Varela, fale da situación laboral dos traballadores, cando na pasada lexislatura, cando era conselleiro de Traballo, se negou a escoitar as súas demandas.

 

Preto de 600 traballadores da CRTVG asinaron a pasada lexislatura un escrito, que remitiron entre outros conselleiros a Ricardo Varela, no que rexeitaban rotundamente o que estaba a facer a anterior dirección xeral da CRTVG en materia laboral, e denunciaban que non ofrecía garantías.

 

O deputado socialista oculta tamén que todas as denuncias laborais foron presentadas de forma masiva durante a anterior etapa, e a actual dirección do ente público é a que agora ten que facer fronte á situación, herdada da nefasta xestión do equipo encabezado por Benigno Sánchez. Os traballadores denunciaron reiteradamente a falla de diálogo da anterior dirección pero o entón conselleiro de Traballo non fixo nada para acadar unha solución.

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar