Pedro Puy: "Nas caixas o PSOE galego transmite unha irresponsable falta de visión de país"

Nun encontro dixital do PPdeG, o portavoz de Economía do Grupo Popular expresou a súa esperanza en que “a racionalidade se impoña” e se produza a fusión, sen a que “a capacidade das familias e das pequenas e medianas empresas de acceder ao crédito será moito máis complicada”

PEDRO PUY: “NO TEMA DAS CAIXAS, OS SOCIALISTAS GALEGOS TRANSMITEN UNHA IRRESPONSABLE FALTA DE VISIÓN DE PAÍS”

• As solucións á crise pasan, para o deputado, por recortar o gasto e “dentro dos límites marcados pola propia normativa comunitaria e española, compensar a caída de ingresos co recurso ao endebedamento”, que é “o que en Galicia se está a facer”, mentres que o Goberno de Zapatero “está a facer todo o contrario: nin recorta significativamente o gasto, nin está a axustar o endebedamento aos límites de estabilidade e, por riba, sube os impostos que, como o IVE, van contraer máis a economía”.

• “A suba programada do IVE é o mellor exemplo de que o Goberno socialista non sabe cómo manexar a crise” e o seu resultado será que “as vendas vanse afundir e a economía española vai caer aínda máis, xusto cando se supoñía que debería estar recuperándose”.

• O Goberno de Alberto Núñez Feijóo tivo que comezar a súa xestión facendo fronte a graves problemas derivados dun “deficiente traspaso de poderes e da herdanza dun orzamento “absolutamente irreal”, ao que hai que engadir a negociación do novo sistema de financiamento autonómico e a fusión das caixas, a pesar do que fixo “moitas cousas importantísimas”, como a implantación de políticas de austeridade e a redución dos altos cargos da Administración, a multiplicación das axudas do IGAPE, a instauración dun sistema telemático de pagamento de facturas a proveedores en 45 días o incremento en case un 80% as axudas á dependencia ou a posta en marcha, entre o pasado ano e o actual, de arredor de 5000 novas prazas en residencias, centros de día e garderías.

 

Santiago, 10 de marzo de 2010.- O portavoz de Economía do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, salientou esta mañá que “no tema das caixas, os socialistas galegos transmiten unha irresponsable falta de visión de país”. Puy mantivo hoxe un econtro dixital organizado polo PPdeG, no que contestou ás preguntas dun bo número de cidadáns, interesados especialmente en asuntos relacionados co sistema financeiro, a economía e as posibles solucións á crise.

“A posición dos socialistas galegos sobre este tema”, afirmou o deputado en relación coas caixas de aforros, “é, en xeral, sorprendente”, xa que, “por un lado, o alcalde de Vigo convoca manifestacións contra a fusión; por outro, o da Coruña ameaza con manifestacións se non hai fusión e as sedes quedan na súa cidade; e o de Lugo di que Feijóo debe facer o que estime máis oportuno pero que a sede de procesamento de datos podería ir a Lugo”. Ao que hai que engadir que “Manuel Vázquez un día pide un SIP entre as caixas galegas, outro con foráneas e outros días nin se sabe”.

O portavoz de Economía dos populares expresou a súa esperanza en que “a racionalidade se impoña” e se produza a fusión, sen a que “a capacidade das familias e das pequenas e medianas empresas de acceder ao crédito será moito máis complicada”.

Ante a pregunta doutro participante no encontro, Puy salientou que as solucións á crise pasan por recortar o gasto e “dentro dos límites marcados pola propia normativa comunitaria e española, compensar a caída de ingresos co recurso ao endebedamento”, que é “o que en Galicia se está a facer”, mentres que o Goberno de Zapatero “está a facer todo o contrario: nin recorta significativamente o gasto, nin está a axustar o endebedamento aos límites de estabilidade e, por riba, sube os impostos que, como o IVE, van contraer máis a economía”.

 

A SUBA DO IVE, UN “DOBRE E GRAVE ERRO”

Igualmente, resaltou que “a suba programada do IVE é o mellor exemplo de que o Goberno socialista non sabe cómo manexar a crise”. “É un dobre e grave erro”, explicou, “porque vai xerar un efecto renda, diminuíndo a capacidade de compra dos consumidores e contraendo aínda máis a demanda agregada; e porque, ao terse avanzado con tanta antelación, vai provocar un `efecto anuncio´, é dicir, os axentes económicos van concentrar as súas compras antes da suba para aforrarse o novo IVE e vender con él”. O resultado será, engadiu, que “as vendas vanse afundir e a economía española vai caer aínda máis, xusto cando se supoñía que debería estar recuperándose”. Así, afirmou, “non é de estranar que todos os organismos económicos internacionais estean avisando ao Goberno de que non aplique esta suba”, que o deputado cualificou de “erro maiúsculo” e que demostra que os socialistas “tratan de pasarlle aos españois, incluídos os de rendas máis baixas, o déficit provocado por medidas absurdas que pouco contribuíron á recuperación”.

Seguindo no ámbito nacional, Pedro Puy afirmou noutra das súas respostas que o consello do Ministro Corbacho de completar a xubilación cun plan privado de pensións “non é o máis oportuno vindo dun ministro, porque xera intranquilidade sobre o sistema de pensións e ademais resulta contraditorio co que o Goberno socialista está a facer, que é subir os impostos que penalizan o aforro”.

Doutra banda, o parlamentario popular fixo un breve balance dos once meses de Goberno de Alberto Núñez Feijóo que, dixo, tivo que comezar a súa xestión facendo fronte a graves problemas derivados dun “deficiente traspaso de poderes, con moi pouca información” e da herdanza dun orzamento “absolutamente irreal, con moitas promesas de gasto deixadas polo anterior Goberno en forma de créditos orzamentarios e unha previsión esaxerada de ingresos”, ao que hai que engadir a negociación do novo sistema de financiamento autonómico e a fusión das caixas.

 

AUSTERIDADE, DINAMIZACIÓN ECONÓMICA E POLÍTICA SOCIAL

Aínda así, o actual Goberno fixo “moitas cousas importantísimas”, como a implantación de políticas de austeridade e a redución dos altos cargos da Administración, “que marcan un antes e un despois na Administración autonómica”. Puy salientou tamén, en materia de dinamización económica, a multiplicación das axudas do IGAPE, “reducindo á terceira parte a súa tramitación e mobilizando máis do dobre de investimento, que pasou de 800 a 1.500 millóns de euros” ou a instauración dun sistema telemático de pagamento de facturas a proveedores en 45 días e por orde de entrada, “esencial para as pequenas e medianas empresas”. En canto a política social, destacou que se incrementaron en case un 80% as axudas á dependencia e se están a pór en marcha, entre o pasado ano e o actual, arredor de 5000 novas prazas en residencias, centros de día e garderías. “Todo iso, malia a crise, está empezando a notarse” e, aínda que “as cousas teñen aínda que mellorar moito”, opinou que “temos emprendido o camiño correcto”.

Sobre a situación económica deixada polo anterior Goberno da Xunta, Pedro Puy resaltou que o peche do pasado exercicio orzamentario “confirmou as previsións feitas ao pouco de entrar o novo Goberno”, concretadas en que “ingresáronse aproximadamente 600 millóns de euros menos do orzamentado e houbo que dar cobertura a outros case 600 millóns de gasto previsto sen respaldo orzamentario”.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar