O PPdeG condena enérxicamente a agresión a Rosa Díez por parte de independentistas

Os populares galegos maniféstanse totalmente en contra de quen quere calar as opinións de calquera persoa mediante o uso da violencia e da intimidación

 

O PPdeG condena enérxicamente a agresión a Rosa Díez por parte de independentistas na Universidade Autónoma de Barcelona

 

• A pesar de ter discrepado recentemente de Rosa Díez, nesta ocasión, os populares galegos queren ofrecer a súa solidaridade coa dirección de UPyD

 

• Os populares galegos son firmes defensores da liberdade de expresión, sustentada sempre no respecto e nunca en ataques nin na violencia verbal ou física, polo tanto non tolerarán este tipo de accións nunha sociedade civilizada como é a española.

 

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2010.- O Partido Popular de Galicia condena enérxicamente a agresión a Rosa Díez perpetrada onte por parte de independentistas cando a deputada de UPyD se dispoñía a ofrecer unha conferencia na Universidade Autónoma de Barcelona.

 

A pesar de ter discrepado recentemente de Rosa Díez, nesta ocasión, os populares galegos queren ofrecer a súa solidaridade coa dirección de UPyD, porque consideran que unha manifestación, pública ou privada, non merece ser reprendida nunca co uso da violencia.

 

O PPdeG amósase, polo tanto, completamente en contra de quen quere calar as opinión de calquera persoa mediante o uso da intimidación e da violencia. Os populares galegos non poden, baixo ningún concepto, avalar este tipo de accións por parte dos que queren impoñer os seus argumentos pola forza.

 

Os populares galegos son firmes defensores da liberdade de expresión, sustentada sempre no respecto e nunca en ataques nin na violencia verbal ou física, polo tanto non tolerarán este tipo de accións nunha sociedade civilizada como é a española.

 

 

 

 


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar