O PPdeG lamenta que o tándem Vázquez-Zarrías someta a independencia financieira de Galicia

Os movementos do secretario xeral do PSOE en Galicia, que chamou a Ferraz para cerciorarse de que o bloqueo ás leis autonómicas galegas proseguiría, confirman que son intereses de partido e non os públicos os que moven a quen aspira a presidir a Xunta

O PPdeG lamenta que o eixo socialista Vázquez-Zarrías insista en someter a independencia financeira de Galicia e en poñer as súas caixas ao servizo do PSOE

  • Vázquez equivócase na súa estratexia porque toda Galicia empeza a ver ao seu partido e ao Goberno socialista en Madrid como inimigos desta terra
  • A Xunta non se renderá ata que se corrixa a inxustiza de impedir en Galicia o que se impulsa noutras comunidades, ou ata que Zapatero, Blanco, Chaves e Zarrías recoñezan que non lles interesa que Galicia siga tendo presenza no mapa financeira español

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2010.- O PPdeG lamenta que o eixo socialista Manuel Vázquez-Gaspar Zarrías insista en someter a independencia financeira de Galicia mantendo o bloqueo estatal á normativa financeira galega, impulsada por unanimidade na Cámara e aprobada por dous terzos do Parlamento galego. Os populares consideran que o secretario de Estado e o secretario xeral dos socialistas galegos manteñen a súa teima e as súas intencións de poñer as caixas de Galicia ao servizo de Ferraz, rebaixando as posibilidades desta Comunidade.

O PPdeG cre que o aforro dos galegos debe repercutir en Galicia e lamenta que Vázquez, lonxe de estar nesta liña, chamara por teléfono esta mesma semana á sede madrileña do PSOE para cerciorarse de que seguiría paralizando a normativa galega só para impedir que a Xunta puidese rendibilizar o acordo. O socialista demostra así que antepón os intereses persoais e de partido aos intereses de Galicia que defende o Goberno galego, que en Madrid non fai senón defender unha Lei propia da Comunidade. Manuel Vázquez traballa pensando en evitar fotos e acordos, mentres o Goberno faino pensando no futuro de Galicia a longo prazo.

Os populares consideran irresponsable que o dirixente socialista pretenda lastrar a imaxe do Goberno, aínda que para iso o prezo a pagar sexa que as nosas dúas entidades de crédito poida que teñan que acabar facendo as maletas e marchándose de Galicia, mentres que fusionadas representarían a quinta entidade financeira de todo o Estado. Vázquez equivócase na súa estratexia porque toda Galicia empeza a ver ao seu partido e ao Goberno socialista en Madrid como inimigos desta terra. Ademais, cre que esa imaxe será devastadora para os intereses electorais do PSOE nesta Comunidade, que segue defendendo formulacións que non farán senón botar outra palada de terra sobre as aspiracións socialistas de volver gobernar.

O PPdeG lembra a Zarrías que a Xunta seguirá chamando á porta do Goberno e que non se renderá ata que se corrixa a inxustiza de impedir en Galicia o que se impulsa noutras comunidades, ou ata que Zapatero, Blanco, Chaves e el mesmo recoñezan que non lles interesa que Galicia siga tendo presenza no mapa financeira español.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar