O líder do PPdeG di que a Lei é tan legal como a catalana ou a andaluza e recalca que o Goberno central non ten argumentos constitucionais nin racionais contra ela, senón políticos contra a fusión das caixas
Feijóo: “O mellor modo de defender Vigo é propiciando que Galicia siga a ter caixas. Nin Vigo nin Galicia están en venta nin en subasta electoral”
- Apela á unidade dos partidos, dos sindicatos e dos representantes empresarias para traballar conjuntamente coas caixas e “evitar que o Goberno gañe pola forza o que perdeu polos números”
- Asegura que nunca será mellor para Vigo nin para Galicia que calquera das dúas caixas galegas se convirta en “porción dun banco e non nunha caixa producto dunha fusión igualitaria e paritaria”
- Destaca os galegos merecen ter a posibilidade de depositar os seus aforros con garantías de que, o que xeren, repercuta “no seu benestar e na súa propia terra”
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2010.- O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe na cidade olívica que “o mellor modo de defender Vigo é propiciando que Galicia siga a ter caixas” e engadiu que “nin Vigo nin Galicia están en venda nin en subasta electoral”.
Nesta liña, o dirixente popular aludiu ao Manifesto, ao que el mesmo se adhire, asinado esta mañá por distintos partidos, organizacións sindicais e colectivos para reivindicar a autonomía financeira de Galicia ante o Goberno central, e fixo fincapé en que a cooperación responsable da Xunta, dos partidos políticos, salvo o PSOE, de sindicatos e de empresarios é a proba de que “Galicia non permitirá quedarse fóra do mapa financeiro”. Así mesmo, asegurou que seguirán unidos para defender a solvencia e a galeguidade das caixas e contra o bloqueo do Goberno central.
Con respecto a isto último, Feijóo lamentou que o PSOE prefira ese bloqueo á solvencia a á galeguiade das caixas e criticou que o Goberno central recurra a Lei dicindo que non é constitucional o que noutras Comunidades Autónomas admitiu como constitucional. Para o popular, o que non é constitucional é tratar dun xeito desigual aos cidadáns e discriminatoriamente aos vigueses e ao conxunto dos galegos.
A Lei, segundo o líder dos populares, é legal, tanto como a catalana, a vasca ou a andaluza e recalcou que o Goberno non ten argumentos nin constitucionais nin racionais contra a Lei, senón políticos contra a fusión das caixas. Así mesmo, Feijóo engadiu que, nese mapa financeiro de 17 Comunidades Autónomas e menos de 17 caixas, o Goberno central ten que elexir entre elas cal se queda con ou sen caixa, e nunha Comunidade como a nosa, que ten a un terzo do Parlamento, o PSOE, contra os intereses de Galicia; e o alcalde da cidade máis grande, Vigo, en contra dos seus intereses, élle máis cómodo tentar que a nosa Comunidade sexa unha das que non terá caixas de aforro no futuro.
Por este motivo, Feijóo apelou á unidade dos partidos, dos sindicatos e dos representantes empresarias para traballar conjuntamente coas caixas e defender a fusión que vai garantir que Galicia siga estando nese mapa financeiro español. Para Feijóo, “é preciso manter a unidade para evitar que o Goberno gañe pola forza o que perdeu polos números”.
VIGO NON PASARÁ Á SEGUNDA DIVISIÓN FINANCEIRA
Así mesmo, o popular subliñou, que se Galicia desaparecese do mapa financeiro, Vigo perdería un dos seus principais instrumentos económicos e, como afirmou, “non quero que Vigo pase de ser un dos centros financeiros a ser a periferia financeira”.
Feijóo fixo fincapé en que os sectores productivos galegos necesitan unha entidade de referencia “que teña a súa razón de ser na súa terra” e os galegos merecen ter a posibilidade de depositar os seus aforros con garantías de que, o que xeren, repercuta “no seu benestar e na súa propia terra”. Polo tanto, asegurou que é o momento de traballar en equipo e de non meterse “goles en propia meta” que só levarían a Vigo á segunda división financeira.
Con respecto a isto, o popular subliñou que a fórmula que garante que Galicia siga tendo caixas, e por tanto Vigo, “é unha solución igualitaria e paritaria”. Outras fórmulas, segundo Feijóo, si que supoñen alonxar as caixas da Comunidade e de Vigo. Así mesmo, matizou que “un banco en Madrid non é o mesmo que unha caixa de aforros en Vigo” e asegurou que nunca será mellor para o conxunto dos vigueses, Vigo como cidade e Galicia como Comunidade Autónoma, que calquera das dúas caixas galegas se convirta en “porción dun banco e non nunha caixa producto dunha fusión igualitaria e paritaria”.













