Un total de 70 municipios galegos foron enganados polo ex vicepresidente que comprometeu a construción de 116 infraestruturas sen soporte orzamentario
O Consorcio de Quintana prometeu obras en campaña aos concellos que equivalerían ao seu orzamento íntegro de 15 anos
- O bipartito enganou de maneira sistemática aos concellos prometendo novas instalacións que en ningún caso podería pór en funcionamento en, polo menos, catro lexislaturas
- Os populares galegos lamentan que PSOE e BNG sigan defendendo a histérica política de enganos que levaron a cabo durante o seu Goberno bipartito e a día de hoxe sigan sen facer verdadeira política social
- PPdeG reta a PSOE e BNG a que expliquen cales das 116 infraestruturas queren pagar este ano e de onde queren sacar os 101,44 millóns de euros que custa as promesas de Quintana
Santiago, 6 de febreiro de 2010.- O PPdeG denuncia que co fin de encher o seu saca de votos, entre campaña e campaña, Anxo Quintana, realizou promesas inasumibles. En concreto, o ex vicepresidente da Xunta, prometeu a construción de 116 infraestruturas –entre 49 escolas infantís, 46 centros de día, 18 residencias e 3 centros de Alzhéimer- cuxo custe acadaría os 101,44 millóns de euros.
Se temos en conta que o entón Vicepresidente aprobou uns orzamentos de 2009 que no capítulo de inversión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar recollían 7.252.756 €, queda claro que as promesas de Quintana suporían hipotecar durante 15 anos os orzamentos íntegros do Consorcio Galego de Benestar.
Por tanto, semella claro que o bipartito enganou de maneira sistemática aos concellos prometendo novas instalacións que en ningún caso podería pór en funcionamento en, polo menos, catro lexislaturas.
Os populares galegos lamentan que PSOE e BNG sigan defendendo a histérica política de enganos que levaron a cabo durante o seu Goberno bipartito e a día de hoxe sigan sen facer verdadeira política social a través das institucións.
De feito, o PPdeG reta a PSOE e BNG a que expliquen cales das 116 infraestruturas queren pagar este ano e de onde queren sacar os 101,44 millóns de euros que custan as promesas de Quintana.
Pola súa banda, o PPdeG celebra que a Xunta vaia racionalizar os investimentos atendendo ás necesidades dos concellos e non aos delirios de grandeza de ningún político. De feito, este ano comenzarán a funcionar 20 novos centros de día, 19 escolas infantiles e se invertirán 18 millóns de euros en rematar obras que xa están en marcha.
En Galicia quedan atrás os tempos nos que a Xunta non podía asumir os cheques que estendían os egos dos políticos.













