Os ministros galegos levan de Galicia catro das seis reunións sectoriais que presidirán

Espinosa ofrece o mesmo trato a Vigo que a Sevilla e Mérida; Caamaño “pasa” de Galicia e organízaa en Toledo, e a “galega” Salgado elexiu para a cita a cidade que máis lle gusta: Madrid

Os ministros galegos levan fóra de Galicia catro das seis reunións sectoriais que presidirán con motivo da Presidencia Española da UE

  • Dos 15 foros ou cumios internacionais que se celebrarán en España neste semestre de Presidencia de turno da Unión Europea, Galicia non acollerá ningún deles

 

  • Galicia, en pleno Xacobeo, acollerá tan só dúas das 29 reunións sectoriais, informais ou non, que conforman a axenda de actos a celebrar en España nestes seis meses

 

  • Os ministros galegos organizan na súa terra tantos actos como en Andalucía, demostrando o seu “exemplar” apego a esta Comunidade

 

  • Aos populares gustaríalles que as enerxías que empregan para desgastar á Xunta as destinasen para compensar a Galicia pola discriminación á que a someten desde o Executivo central

 

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2010.- O Partido Popular de Galicia lamenta profundamente que os ministros galegos leven fóra de Galicia catro das seis reunións sectoriais que presidirán con motivo da Presidencia Española da Unión Europea. Para os populares, o detalle é especialmente significativo tendo en conta que o semestre da Presidencia da UE cadra en Ano Santo.

Así, a ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, ofrece o mesmo trato a Vigo, onde terá lugar a reunión informal cos ministros de Pesca, que a Sevilla, onde se reuniron os ministros de Medio Ambiente en xaneiro, e a Mérida, onde se encontrarán os de Agricultura. Pola súa banda, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, “pasa” de Galicia e organiza a reunión cos seus homólogos europeos en Toledo, e a “galega” Elena Salgado, vicepresidenta do Goberno e ministra de Economía, elexiu para a cita a cidade que máis lle gusta: Madrid. Polo tanto, Galicia só se queda coa reunión informal dos ministros de Pesca, en Vigo, e coa dos ministros de Transportes, na Coruña.

Por outra banda, dos 15 cumios ou foros internacionais que se celebrarán en España neste semestre de Presidencia de turno da Unión Europea, Galicia, en pleno Xacobeo, non acollerá ningún deles, que si terán lugar, por outra banda, en cidades como Barcelona, que acollerá tres cumios. Así mesmo, das 29 reunións sectoriais, informais ou non, que conforman a axenda de actos a celebrar en España nestes seis meses, tan só as dúas antes citadas terán lugar na Comunidade.

Os populares confiaban en que o Goberno central aproveitaría a ocasión da coincidencia do semestre da Presidencia española da UE co Ano Santo galego para compensar, dalgún xeito, á Comunidade polos desprezos aos que a somete noutros ámbitos como o da financiación autonómica e o reparto de Presupostos Xerais do Estado, pero atópanse con que, por enésima vez, o equipo de Zapatero se ensaña con Galicia e trata de eclipsala nun dos seus anos estrela.

Aos populares parécelles lamentable que nin sequera os ministros galegos sexan máis considerados coa súa terra, onde organizan tantos actos como en Andalucía, demostrando o seu “exemplar” apego a esta Comunidade, e en cambio se acorden repentinamente de Galicia cando se trata de manifestarse contra o Goberno galego. Neste sentido, aos populares gustaríalles que esas enerxías que empregan para desgastar á Xunta as destinasen para compensar a Galicia pola discriminación á que a someten desde o Executivo central.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar