“Non hai nada máis inconstitucional que dar ás diferentes Comunidades un trato desigual ante situacións que non son desiguais”, di
Rueda: “Galicia ten dereito a defender a súa autonomía financiera e a decirlle ao Goberno central que queremos ter unha gran caixa galega e solvente”
- Asegurou que a solvencia da fusión “está garantida”, xa non só polos informes da Xunta, senón tamén “polos informes independentes que acreditan que esa solución e viable”, e que “non supón ningún problema”
- Reiterou, polo tanto, a vontade dos asinantes do Manifesto de reivindicar o dereito de Galicia de desenvolverse dacordo coa propia Lei de caixas que aprobou unha maioría ampla do Parlamento
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2010.- O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou hoxe, en alusión ás trabas que o Goberno central lle pon á Lei de caixas galegas, que “non hai nada máis inconstitucional que dar ás diferentes Comunidades un trato desigual ante situacións que non son desiguais”.
Así mesmo, o dirixente popular mostrouse satisfeito da importancia que ten o feito de que hoxe se reunisen representantes de partidos políticos de distintas sensibilidades, de organizacións sindicais, da patronal e da inmensa maioría da sociedade galega, para asinar un Manifesto coa intención de deixarlle claro ao Goberno central que “Galicia ten dereito á súa autonomía financeira”, “ten dereito a manterse e a non desaparecer do mapa financeiro estatal”, e “ten dereito, en definitiva, a ter unha caixa forte e galega, fundamental para o noso desenvolvemento e futuro”.
Por outra banda, o popular asegurou que, coas adhesións ao Manifesto, queda acreditado que “é fundamental manter a galeguidade das nosas caixas” e tamén que a solvencia da fusión “está garantida”, xa non só polos informes da Xunta, segundo afirmou, senón tamén “polos informes independentes que acreditan que esa solución é viable”, e que “non supón ningún problema”.
O secretario xeral do PPdeG reiterou, polo tanto, a vontade dos asinantes do Manifesto de reivindicar o dereito de Galicia de dispoñer da súa autonomía financeira e de desenvolverse dacordo coa propia Lei de caixas que aprobou unha maioría ampla do Parlamento de Galicia.













