O popular acepta que Zapatero non cambie a estas alturas a súa predilección por Cataluña, pero pídelle que, polo menos, atenda a situación doutros territorios en momentos destacados como é o Ano Santo
Miranda: "O PSOE debe aproveitar o recén estreado fervor cristiano de Zapatero para esixirlle o mesmo interese para o Ano Santo que tivo co Fórum de Barcelona"
- Cre que a Manuel Vázquez lle custará menos agora convencer a Zapatero de que debe potenciar o Camiño posto que o presidente mostrou un entusiasmo relixioso en presenza de Barack Obama que o PPdeG descoñecía
- O Ano Santo Compostelán supón un acontecemento de transcendencia mundial ao que poñen máis atención algúns gobernos estranxeiros que o español
- Se Galicia seguise estando gobernada polo PSOE tería maiores atencións do Goberno central; pero posto que os galegos apostaron polo PPdeG o 1 de marzo, Zapatero opta por castigar aos cidadáns sacando o Xacobeo da súa axenda de prioridades
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2010. - O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, considera que o PSOE en Galicia ten unha excepcional oportunidade de explotar o recén estreado fervor cristiano de Zapatero para pedirlle que poña interese en promover o Ano Santo compostelán. O popular cre que a Manuel Vázquez lle custará menos agora convencer a Zapatero de que debe potenciar o Camiño dende o Goberno central, posto que o presidente mostrou un entusiasmo relixioso en presenza de Barack Obama que o PPdeG descoñecía.
O número tres dos populares considera que o Ano Santo Compostelán supón un acontecemento de transcendencia mundial ao que poñen máis atención algúns gobernos estranxeiros que o español, que o despreza coa súa indiferenza.
O popular cría que os motivos eran de carácter relixioso, pola aconfesionalidade do presidente do Goberno, pero posto que estreou devoción en terras americanas no día de onte, considera que os motivos da marxinación que sofre Galicia neste sentido obedecerán a outro tipo de razóns. Miranda considera que se Galicia seguise estando gobernada polo PSOE tería maiores atencións do Goberno central; pero posto que os galegos apostaron polo PPdeG o 1 de marzo, Zapatero opta por castigar aos cidadáns sacando da súa axenda de prioridades este Ano Santo.
OLA DE ESPIRITUALIDADE
O PPdeG considera que a onda de espiritualidade que envolve ao Goberno agora debería levar a que Zapatero reconsiderase os seus desplantes a Galicia e dedicase ao Xacobeo as mesmas atencións e o mesmo interese que si mostrou cara ao Fórum das Culturas de Barcelona, menos universal que o Ano Santo compostelán, moito máis custoso para as arcas públicas, e que, malia iso, se converteu na segunda casa do presidente do Goberno.
Miranda acepta que Zapatero non vaia cambiar a estas alturas a súa predilección por Cataluña, pero pídelle que, polo menos, atenda as circunstancias doutros territorios en momentos destacados como é o Ano Santo.













