Seara e Barcón, exemplos socialistas do uso de vehículos públicos postos ao servicio do PSOE
O PPdeG denuncia que Manuel Vázquez empregou vehículos da Xunta para transportar a deputados do PSOE
• A ex deputada socialista Laura Seara viaxaba cada día a Santiago dende Ourense acompañando a Manuel Vázquez. Cando Vázquez non viaxaba, Seara o facía cun vehículo do gabinete de Medio Ambiente con persoal desta consellería
• Mar Barcón, desprazábase de xeito sistemático a Santiago nun vehículo oficial do Concello da Coruña, o cal non deixa de ser outra mostra de que os socialistas condenan públicamente o que de forma cotidiana fan dende hai anos
• Os populares galegos estamos convencidos de que o PSOE non terá inconvinte en recoñecer estas realidades, polo que o PPdeG reta aos socialistas galegos a que desmintan isto
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2010.- Os populares galegos denuncian que Manuel Vázquez empregou vehículos da Xunta para transportar a deputados do PSOE durante a pasada lexislatura, cando Vázquez desempeñaba o cargo de conselleiro de Medio Ambiente.
A ex deputada socialista Laura Seara viaxaba cada día a Santiago dende Ourense acompañando a Manuel Vázquez. Cando Vázquez non viaxaba, Seara o facía cun vehículo do gabinete de Medio Ambiente con persoal desta consellería.
Por tanto, Seara, que non posúe carné de conducción, desprazábase a Santiago en vehículos da consellería de Medio Ambiente, e por tanto en vehículos que pagaban todos os galegos.
Así mesmo, a sempre elegante Mar Barcón, desprazábase de xeito sistemático a Santiago durante a pasada lexislatura nun vehículo oficial do Concello da Coruña, o cal non deixa de ser outra mostra de que os socialistas condenan públicamente baseándose en falacias e mentiras o que de forma cotidiana fan e levan facendo dende fai anos.
Os populares galegos estamos convencidos de que o PSOE non terá inconvinte en recoñecer estas realidades, polo que o PPdeG reta aos socialistas galegos a que desmintan isto. Do mesmo xeito lles pide que expliquen, ofrecendo a mesma transparencia que reclaman, cantos deputados socialistas viaxaban a Santiago dende Lugo co ex conselleiro de Traballo e cantos, ademais de Seara, o facían coa cuota ourensana do Goberno bipartito.













